Pontedeume - Situación Xeográfica
 










Situación Xeográfica

Pontedeume é o topónimo que define a comunidade humana e territorial dun Concello costeiro, de 29,5 km2 de extensión, situada no fondo da Ría de Ares, á desembocadura en estuario do río Eume e que rube pola saia S. do monte Breamo (305 m). Compono as parroquias de Santiago de Pontedeume, San Martiño de Andrade, Santiago de Boebre, Santa María de Centroña, San Cosme de Nogueirosa, Santa María de Ombre e San Pedro de Vilar. Aúna espazos naturais singulares, arte e historia, nunha proporción e calidade que nunca deixan a ninguén indiferente. Lugar de paso obrigado entre as rías de Ferrol e A Coruña, dita excelencia foi contada e cantada por moitos viaxeiros que quedaron admirados ante a súa ponte, a súa arquitectura relixiosa e civil ligada aos Andrade, ou a súa paisaxe, cualificado polo Licenciado Molina no seu “Descripción ilustrada del Reino de Galicia” como verxel de Galicia.

CQpro.com