Pontedeume - Poboación
 










Poboación

Posúe unha poboación de 8.619 habitantes cunha densidade de 295h / km2. A taxa de natalidade é do 51% e a de mortalidade do 148%. O 20% da poboación é maior de 65 anos, mentres que os menores de 15 non chegan ao 18,8%.

A agricultura e a actividade pesqueira foron perdendo importancia, aínda que dentro desta última segue tendo puxanza o marisqueo grazas a unha máis que merecida fama das ameixas. O que segue sendo hoxe Pontedeume, aínda logo de moitos séculos, é un centro comarcal de servizos, sector que ocupa un 51% da poboación activa, fronte ao 37,9% do sector secundario. Dentro deste sector, destaca a hostelería e o turismo, que aproveita a gran riqueza histórica, etnográfica e paisaxística do noso Concello.

CQpro.com