Concello - Saúdo do Alcalde
 










Benvidos e benvidas a páxina web do Concello de Pontedeume, unha fiestra aberta a todos aqueles que queiran coñecer unha das vilas máis fermosas e acolledoras da paisaxe galega, principal porta de entrada ao bosque Atlántico maís grande de Europa: O parque natural das “Fragas do Eume”.

Vila cun importante patrimonio histórico-artistico, atravesada polo coñecido como “Camiño Inglés” a Santiago de Compostela e bañada polas aguas da ría de Ares e do Río Eume, que vos atrapará entre os castelos dos Andrade, castros, bosques, praias e un casco histórico vivo e dinámico.

Ao mesmo tempo esta páxina pretende aportarvos información útil sobre o organigrama, funcionamento e areas nas que se distribue o noso Concello, permitíndovos interactuar coa administración e realizar determinados trámites. Convidovos pois a asomarvos, seguro de que o voso paso por Pontedeume deixará fonda marca no voso maxín.

Bernardo Fernández Piñeiro

Alcalde de Pontedeume

CQpro.com