Concello - Concellerías - Réxime interno Formación e Emprego
 










Concellería de Réxime interno Formación e Emprego

 
 
José Simoes
Enderezo.: Ricardo Sánchez
Telf.: 981 433 815 , Fax.: 981 433 848
E-mail.: Pontedeume@foremdes.org


Novedades

I Concurso de Fotografía Móvil #ddi2013 “La tecnología en mi vida cotidiana”

Con motivo da celebración do día Mundial de internet o próximo 17 de maio, a través da web Enlace vaise a realizar o I Concurso de Fotografía Móvil #ddi2013 “La tecnología en mi vida cotidiana” a nivel nacional.>

O obxectivo do concurso é promover o fenómeno global da fotografía móbil como vehículo para a expresión artística dando visibilidade ás imaxes presentadas en dita web.

A Rede CeMIT como instrumento de alfabetización dixital, conta entre os seus cursos con formación no eido da fotografía dixital, é por isto que creemos moi adecuado que dende as aulas publicitedes entre os usuarios da Rede, a participación neste concurso. Para elo podedes empregar os medios que consideredes máis adecuados, envío de comunicación por correo electrónico aos usuarios das aulas, publicación no taboleiro de anuncios, páxina web do Concello, etc.

Para competir no concurso, os participantes deberán demostrar a súa creatividade mediante a presentación dunha fotografía realizada co móbil que reflicta como se utilizan as novas tecnoloxías na nosa vida cotiá. A fotografía subirase directamente á páxina web do día de internet.

O concurso ten como premio material fotográfico, valorado en máis de 1000 €. Os mellores traballos formarán parte dunha exposición, que se abrirá o 17 de maio, Día Mundial de Internet.

Poden participar todos os maiores de 14 anos que sexan usuarios dalgunha destas redes sociais: Facebook, Instagram ou Twitter, cuxas obras se adecúen á temática proposta, sexan únicas, propias e orixinais. Un Xurado composto por profesionais e expertos do mundo da fotografía decidirá os gañadores segundo a creatividade, orixinalidade, expresividade e os votos on-line das obras.

Para máis información das bases do concurso poden consultar o seguinte enlace:Enlace

A presentación das fotos realízase no seguinte enlace::Enlace

Como a presentación de fotografías remata o vindeiro 30 de abril, recomendamos iniciar a difusión do concurso na maior brevidade posible.


AXUDAS REINDUSTRIALIZACIÓN COMARCAS FERROL, EUME E ORTEGAL

Convócase, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de axudas dirixidas a actuacións de reindustrialización nas bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal (A Coruña) correspondentes ao ano 2012 no marco da Orde, IET/818/2012, de 18 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para actuacións de reindustrialización, publicada no «Boletín Oficial do Estado» número 95, do 20 de abril de 2012. (Boletín Oficial do Estado: sábado 2 de junio de 2012)

Ámbito xeográfico de aplicación

A presente convocatoria será de aplicación aos proxectos ou actuacións de reindustrialización que se efectúen nos municipios comprendidos nas Bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal da provincia Da coruña.

Tipos de actuación e obxecto das axudas.

Poderán ser obxecto das axudas os proxectos ou actuacións que se realicen durante o ano 2012 e sexan conformes aos tipos descritos no apartado cuarto da Orde IET/818/2012, do 18 de abril.

Conceptos susceptibles de axuda.

Serán susceptibles de axuda os conceptos que cumpran co disposto no apartado quinto da Orde IET/818/2012, do 18 de abril.

Boe

Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas consideradas nesta resolución as persoas físicas ou xurídicas que cumpran as condicións establecidas no apartado sexto da Orde IET/818/2012, do 18 de abril.

Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes e da correspondente documenta- ción finalizará aos trinta días naturais dende o día seguinte á data de publi cación desta orde de convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

Para máis información:

Boe


Formación para desempregados menores de 30 anos

No seguinte link Link recóllense os requisitos para poder acceder a formación para desempregados menores de 30 anos con formación igual ou inferior á ESO.


Cursos a impartir en FOREMDES a través da Aula CEMIT.

A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Pontedeume sita en FOREMDES ofrece talleres dirixidos á veciñanza eumesa.

A través deste servizo preténdese que todos os eumeses coñezan as nocións básicas da informática e das novas tecnoloxías.

Informamos que está aberto o prazo para solicitar os seguintes cursos neste centro.

Relación dos cursos,cun resumo do seu contido así como o enlace para solicitalo

Cursos a impartir en FOREMDES a través da Aula CEMIT.

CURSOS MULTIMEDIA AUDIOVISUAL MAIO-XUÑO 2012.CeMIT PONTEDEUME

-RETOQUE FOTOGRÁFICO -DESEÑO GRÁFICO -TV EN INTERNET -PRODUCIÓN AUDIOVISUAL

O prazo remata o 29 de Abril para:retoque fotográfico,deseño gráfico e Tv en Internet e o 24 de Maio para Producción audiovisual .

APÚNTATE NA PÁXINA do CEMIT no seguinte enlace, onde tedes que elixir o centro de Pontedeume :

O prazo remata o 29 de Abril para:retoque fotográfico,deseño gráfico e Tv en Internet e o 24 de Maio para Producción audiovisual .

Curso: Retoque fotográfico

Datos Xerais
Centro: Pontedeume
Área: Aula
Nivel: Básico
Prazas: 12
Número de horas: 16.0
Datas: 25 de xuño de 2012 - 28 de xuño de 2012
Horario: 10:00 - 14:00
Rango de idades recomendado: 18 - 60
Descripción: Este microcurso de 15 horas ten como obxectivo dotar aos participantes dos coñecementos e prácticas necesarios para a manipulación de imaxes dixitais, obtidas por medio de escáneres ou cámaras dixitais, a través do correcto manexo de todas as posibilidades que ofrece a aplicación informática de software libre Gimp no tratamento de imaxes.

Está orientada fundamentalmente a aquelas persoas interesadas na formación básica e media das ferramentas de retoque fotográcio que desexen aprender como funciona o software libre Gimp, abrindo vías de formación e emprego, e coñecendo a realidade da posibilidade da ferrameta para o emprego de xeito profesional. Tipoloxía: Microactividades Multimedia e Ferramentas TIC

Curso: Deseño gráfico

Datos Xerais
Centro: Pontedeume
Área: Aula
Nivel: Medio
Prazas: 12
Número de horas: 16.0
Datas: 11 de xuño de 2012 - 14 de xuño de 2012
Horario: 10:00 - 14:00
Rango de idades recomendado: 16 - 99
Descripción: Orientación para a contratación e creación dunha páxina web dunha empresa

A través deste microcurso de 15 horas preténdese facer comprender aos asistentes as posibilidades que se ofrecen no mundo do deseño gráfico, sobre todo no referente aos posibles enfoques profesionais dotando dun coñecemento básico das ferramentas que están a súa disposición. Esta microactividade está destinada a estudantes e profesionais do deseño gráfico, é dicir, a persoas que polos seus estudos, afeccións ou actividades profesionais, requiren dunha ferramenta de deseño tan potente e actual como Inkscape e dunha serie de coñecementos tan interesantes como son os relacionados coa evolución do deseño e a súa aplicación no mundo profesional. É conveniente ter coñecementos básicos de informática e especialmente ter utilizado algún programa de deseño.

Tipoloxía: Empresarios e Emprendedores

Curso: Tv en Internet

Datos Xerais
Centro: Pontedeume
Área: Aula
Nivel: Básico
Prazas: 12
Número de horas: 16.0
Datas: 21 de maio de 2012 - 24 de maio de 2012
Horario: 10:00 - 14:00
Rango de idades recomendado: 18 - 60
Descripción: Os asistentes a este microcurso de 15 horas serán capaces de crear proxectos multimedia e obter arquivos de vídeo / audio coa calidade axeitada para usar en Internet. Esta microactividade está orientada fundamentalmente a futuros traballadores ou interesados no mundo da televisión en internet en xeral e que teñan nocións básicas sobre o tema e queiran ampliar as súas capacidades e coñecementos neste ámbito, así como a aquelas persoas cunha formación media de calquera tipo que desexen aprender sobre esta materia, abrindo novas vías de formación e emprego.

Tipoloxía: Microactividades do Sector Audiovisual

Curso: Produción audiovisual

Datos Xerais
Centro: Pontedeume
Nivel: Básico
Prazas: 12
Número de horas: 68.0
Datas: 1 de outubro de 2012 - 23 de outubro de 2012
Horario: 10:00 - 14:00
Rango de idades recomendado: 18 - 60
Descripción: Con este curso de 60 horas preténdese que os participantes viaxen por todas as fases polas que pasa calquera produto audiovisual centránse especialmente na parte de edición de audio e de vídeo. Empregarase e ensinarase aos participantes todo o relacionado coa ferramenta de software libre Ligthworks, o máis avanzado editor e compositor de vídeo non lineal e Audacity para a edición de audio.

A actividade está dirixida a todos aqueles que desexen obter unha preparación específica para incorporarse a un posto de traballo dentro dunha produtora, distribuidora ou canle de televisión, e a aqueles que desexen mellorar ou actualizar a súa formación neste sector, como preparación para desempeñar postos de responsabilidade. O curso iníciase con coñecementos básicos e abrangue todo o proceso para o desenvolvemento da produción de calquera produto audiovisual. Tipoloxía: Dinamización do uso do Software Libre


CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS PARAS AS PROBAS DOS NIVEIS CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia vén de anunciar a convocatoria pública para solicitar participar en cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 do ano 2011 para particulares e colectivos, entidades e/ou organizacións, con carácter voluntario e gratuíto.

A convocatoria está dirixida aos seguintes destinatarios:
a) Particulares que desexen participar nalgún dos cursos programados que se celebrarán en distintas localidades das 4 provincias determinadas pola Xunta de Galicia nesta convocatoria.
b) Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos de lingua galega e que conten cun mínimo de 20 persoas preinscritas para participar no curso.

Tod@s @s interesad@s nestes cursos pódense dirixir ao Servizo municipal de Normalización do Concello (edificio de Servizos Sociais, avda. do Peirao s/n. Pontedeume), en horario de 9.00 a 11.00 h. e de 12.00 a 14.00 h. de luns a xoves para:

1. Información sobre esta convocatoria
2. Xestión de inscricións de particulares nos cursos xa programados pola Xunta de Galicia nas localidades determinadas na orde de convocatoria. O prazo para estes efectos remata o día 28 de febreiro.
3. Preinscrición para realización dos cursos no Concello de Pontedeume, cuxa organización queda supeditada á existencia dun colectivo de cando menos 20 persoas inscritas por curso neste Concello e á súa posterior concesión pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.O prazo para estes efectos remata o día 23 de febreiro


Listado de Cursos Solicitados:

  • CREACIÓN E XESTIÓN DE EMPRESAS: AUTOEMPREGO
  • APLICACIÓNS INFORMÁTICAS DE XESTIÓN
  • INGLÉS: ATENCIÓN AO PÚBLICO
  • INGLÉS: XESTIÓN COMERCIAL
  • DESEÑO E MODIFICACIÓN DE PLANOS EN 2D E 3D
  • GRAFISTA / MAQUETISTA
  • CARPINTEIRO-EBANISTA ARTESÁN
  • ELECTRICISTA INDUSTRIAL
  • ELECTRICISTA DE MANTEMENTO
  • INICIACIÓN Á REDE INTERNET
  • INFORMÁTICA DE USUARIO

PDF de cursos para máis información

CQpro.com