Concello - Concellerías - Formación e Emprego
 










Concellería de Réxime interno Formación e Emprego

 
 
José Simoes
Enderezo.: Ricardo Sánchez
Telf.: 981 433 815 , Fax.: 981 433 848
E-mail.: Pontedeume@foremdes.org


Instalacións

O edificio consta dun total de 1.424,22 m2 de superficie. Está dividido en dous andares coa seguinte superficie:

  • andar baixo.- Consta de 671,60 m2 de superficie. Atopámonos con tres aulas-taller, un almacen, unha zona de servicios, un amplo vestíbulo, así coma unha sala multiusos para a organización de distintos actos coma seminarios, conferencias, etc. Así mesmo nesta planta está a sala de caldeiras para o sistema de calefacción do edificio.
  • primeiro andar.- Ten 752,62 m2 de superficie. Está composto por unha zona de oficinas e outra zona de aulas.

Requisitos de carácter xeral:

O Centro cumpre tódalas condicións hixiénicas, acústicas, de habitabilidade e de seguridade esixidas pola lexislación vixente.

Licencia municipal de apertura

O tratarse do centro de formación do Concello de Pontedeume, non precisa licencia de apertura. Dende o ano 1992 ven desenvolvedo a súa labor, e colaborando con diferentes consellerías en diferentes accións.

Espacio de Dirección

O centro dispón dun total de 79,65 m2, específicamente destinados a labores de dirección, coordinación e sala de profesores. Están ubicados no primeiro andar do centro.

Servicios hixienico-sanitarios

O centro dispón en ámbalos dóus andares, de servicios masculinos e femininos, en número adecuado á capacidade do centro.

Dotación Informática

Na oficina de secretaría dispoñemos de dous equipos informáticos, que se adican á xestión dos cursos. Ámbolos equipos teñen capacidade máis que suficiente para realizar estas tarefas.

Un dos ordenadores consta dun procesador AMD Athlon XP 2400+, con 128 mb. de memoria ram, disco duro de 40 Gb., Tarxeta de rede de 10/100, tarxeta de vídeo con milleiros de cores, tarxeta de son, CD-ROM de 52x, disqueteira, teclado, rato, e monitor de 17”.

O outro ordenador consta dun procesador AMD Athlon XP 2600+, con 512 mb. de memoria ram, disco duro de 40 Gb., Tarxeta de rede de 10/100, tarxeta de vídeo con milleiros de cores, tarxeta de son, CD-ROM de 52x, regrabadora de CD de 52x24x52x, disqueteira, teclado, rato, tableta dixitalizadora, e monitor de 19”.

Ambolos equipos dispoñen de sistema operativo, así coma de todo o sofware necesario para levar a cabo as diferentes tarefas de xestión precisas.

Na oficina de secretaría, están ubicadas dúas impresoras laser, unha delas é unha impresara laser a cor, e a outra é un equipo multifunción, con escaner, fax e impresora laser en branco en negro.

Tamén se atopa nesta mesma oficina, un equipo adicado a labores de servidor, no cal se almacenan tódolos datos xerados das diferentes tarefas realizadas.

O centro dispón dunha conexión a internet a través dunha liña contratada coa empresa Telefónica. A capacidade da mesma e de 2 Mbps.

En cada un dos locais dos que consta este edificio, se dispón dunha toma de datos, que permite conectar calquera número de ordenadores á rede do centro. O cal permite, de ser necesario, conectar os equipos necesarios a internet, ademáis de compartir outro tipo de recursos.

Ámbolos equipos de secretaría, polo tanto dispoñen de conexión a internet de banda ancha, para poder efectuar a xestión dos FIP, a través do SIFO.

 

CQpro.com