Concello - Concellerías - Servicios Sociais Educación e Deportes
 










Concellería de Servicios Sociais Educación e Deportes

Raquel Caruncho
Enderezo.: Ayto. Rúa Real Nº13
Telf.: 981 433 054
E-mail.:


Novedades

Campaña igualdad

A Concelleria de Servizos Sociais, Educación e Deportes segue a impulsar, en matería de igualdade, accións encamiñadas a sensibilizar a toda a comunidade sobre as discriminacións que por razóns de xénero están presentes en todas as áreas da vida: educativa, cultural, económica, social, política, étc.
Baixo o lema da nosa campaña institucional ”Que o medo non che impida ver outro futuro”, sumámosnos as distintas accións e plans de actuación impulsados dende as institucións públicas, nunha loita conxunta contra as violencias machistas. Sendo esta unha das vías de visibilización e, denuncia social e pública, deste gravisimo problema.
As liñas de traballo en este senso que realiza o Concello de Pontedeume inclúense dentro de dúas campañas activas neste momento:
Quen dixo medo? , é a Campaña que a Deputación Provincial da Coruña achega a nosa vila cun programa de actuacións que terá unha duración de dous anos. Dirixida, especialmente, a poboación infantil e xuvenil. Ten como obxectivo desmontar os estereotipos en torno a violencia de xénero, apostando pola responsabilidade de toda a sociedade mediante distintos recursos : charlas, actividades lúdicas, étc.
En Negro Contra As Violencias, é unha campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero, que naceu fai tres anos como unha acción conxunta de varios concellos locais e deputacións provinciais. Na actualidade, tres deputacións e máis de sesenta concellos dentro dos que se atopa o Concello de Pontedeume veñen de asinar un protocolo para comprometerse política e técnicamente na acción e a mobilización da poboación ,os axentes sociais e económicos para tingir de negro as vilas e cidades galegas como simbolo de denuncia das violencias machistas.
Animamos á veciñanza e facemos un chamamento a vestir de negro a ventá máis visible da casa ou piso, por prendas de roupa negra do 24 ao 26 de novembro, colocar nos comercios a cartelería e o material da campaña, e sumarse á lectura do manifesto que terá lugar o vindeiro día 24 ás 12:00 h. na Praza Real.


EDM Inverno 2017/18

EDM Inverno 2017/18

Ficha de inscripción

Información


ESCOLAS DEPORTIVAS DE VERAN 2013

Escolas Deportivas de Veran 2013

Actividades

Horarios


DÍA DO DEPORTE E A IGUALDADE- CONCELLO DE PONTEDEUME 5-MAIO-2013

Dende o Concello de Pontedeume estase a impulsar unha serie de accións dirixidas a favorecer o establecemento de políticas municipais en materia de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes co obxecto de que a incorporación das mulleres a todas as áreas da vida sexa REAL e Efectiva.

Por considerar que o deporte segue a ser un espazo onde a discriminación por razón de xénero está moi presente e arraigada faise necesario dedicar ao menos unha xornada de sensibilización dirixida á comunidade eumesa que baixo o título: “Deporte e Igualdade”, favoreza a promoción e desaparición de actitudes sexistas, fomentando a convivencia e percepción da igualdade entre as mulleres e os homes na práctica do deporte.

Partindo do valor que ten o deporte como estratexia de educación en valores e factor de integración social cremos firmemente que ten que converterse nun espazo de ruptura cós estereotipos sexistas que limitan a participación feminina en calquera das súas áreas e ten que ser o Concello como administración máis próxima a cidadanía o que posibilite esta ruptura.

Por quinto ano consecutivo, proponse a celebración dunha xornada organizada por este concello que responde a necesidade de traballar dende todas as áreas municipais (transversalidade de xénero) a Igualdade de Xénero. Sendo a transversalidade de xénero un dos principios básicos que inspiran o PIOM (plan de Igualdade Municipal).

Esta xornada arrancara ás 11:00 h ata as 14:00 h en horario de mañá e de 17:30 h a 20:30 h en horario de tarde, o vindeiro domingo día 5 de maio, ao longo do día nenas e nenos poderán disfrutar practicando distintos deportes en Igualdade.

Información


NOTA INFORMATIVA :

Dende o Servizo de Deportes , infórmase que dende o día 15 de outubro do presente exercicio, se modifíca o horario de aluguer da pista de xogo do pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA ".

Actualmente o horario de pista que queda para aluguer dos usuarios, é o seguinte :

-LUNS-MÉRCORES-VENRES de 22,30 a 23,30 horas.

-MARTES-XOVES de 20,30 a 21,30 horas.

-FINS DE SEMANA E FESTIVOS : deberá consultarse semanalmente pois as horas libres dependerán sempre dos partidos de competición que as entidades deportivas federadas municipais utilicen para o desenvolvemeneto das súas respectivas competicións.

-NOS PERIODOS VACACIONAIS : dependerá dos horarios dos partidos de competición e dos adestramentos das entidades deportivas municipais.


Marcha cicloturista de agosto


ESCOLAS DEPORTIVAS DE VERAN 2012

1. PATINAXE:

• 1 GRUPO
• LUNS- MERCORES- VENRES
• DE 12 A 13 HORAS
• NADOS NO 2008 OU ANTES
• CEIP COUCEIRO FREIXOMIL
• PREZO: 12 EUROS

2. TENIS:

• 3 GRUPOS
• LUNS- MERCORES- VENRES
• DE 10 A 11 AVANZADO
• DE 11 A 12 INICIACIÓN
• DE 12 A 13 PERFECCIONAMIENTO
• NADOS NO 2006 OU ANTES
• IES BREAMO
• PREZO: 12 EUROS

3. XOGOS PREDEPORTIVOS

• 1 GRUPO
• MARTES E XOVES
• DE 12:30 A 13:30 HORAS
• NADOS NO 2008 OU ANTES
• CEIP COUCEIRO FREIXOMIL
• PREZO: 8 EUROS

4. TIRO CON ARCO

• 1 GRUPO
• MARTES- XOVES
• DE 10:30 A 11:30 HORAS
• NADOS NO 2006 OU ANTES
• A CASQUEIRA
• PREZO: 8 EUROS

5. BAILE MODERNO

• 2 GRUPOS
• MARTES- XOVES
• GRUPO 1: NADOS NO 2008 OU ANTES, DE 12:30 A 13:30 HORAS
• GRUPO 2: NADOS NO 2000 OU ANTES, DE 11:30 A 12:30 HORAS
• CEIP COUCEIRO FREIXOMIL
• PREZO: 8 EUROS

6. XIMNASIA RITMICA

• 1 GRUPO
• LUNS- MERCORES
• DE 11 A 12 HORAS
• NADOS NO 2008 OU ANTES
• CEIP COUCEIRO FREIXOMIL
• PREZO: 8 EUROS

7. XADREZ

• 1 GRUPO
• MERCORES
• DE 12 A 13 HORAS
• NADOS NO 2007 OU ANTES
• CENTRO DA XUVENTUDE
• PREZO: 4 EUROS

8. PIRAGUISMO

• 1 GRUPO POR QUINCENA DENDE O 2 DE XULLO ATA O 24 DE AGOSTO
• DE LUNS A VENRES
• DE 12:30 A 14:00 HORAS
• NADOS NO 2003 OU ANTES
• IMPRESCINDIBLE SABER NADAR
• CLUB FIRRETE
• PREZO: 12 EUROS

9. AEROBIC PARA ADULTOS

• 1 GRUPO
• LUNS E MERCORES
• DE 21 A 22 HORAS
• ADULTOS
• FRAGA DO EUME
• PREZO: 8 EUROS

10. PILATES PARA ADULTOS

• GRUPO 1 LUNS E MERCORES DE 11 A 12 HORAS/ CENTRO DE MAIORES
• GRUPO 2 MARTES E XOVES 21 A 22 HORAS/ FRAGA DO EUME
• ADULTOS
• PREZO: 8 EUROS

11. MANTENEMENTO- RELAX

• 1 GRUPO
• LUNS E MERCORES
• DE 20 A 21 HORAS
• ADULTOS
• FRAGA DO EUME
• PREZO: 8 EUROS

12. XIMNASIA PARA MAIORES

• 1 GRUPO
• MARTES E XOVES
• DE 10 A 11 HORAS
• CENTRO DE MAIORES
• GRATUITO

13. ROTAS EN PIRAGUA

• POLO RIO EUME: 15 DE XULLO DE 17 A 19:30 HORAS
• POLA RIA DE ARES: 5 DE AGOSTO DE 17 A 19:30 HORAS
• NADOS NO 2000 OU ANTES
• IMPRESCINDIBLE SABER NADAR
• PREZO: 10 EUROS

14. SENDEIRISMO

• DUAS SESIÓNS: O 15 DE XULLO E O 5 DE AGOSTO
• DE 11 A 13 HORAS
• NADOS NO 2002 OU ANTES
• PREZO: 5 EUROS

15. MARCHAS CICLOTURISTAS

• OS DIAS 25 DE XULLO E 19 DE AGOSTO
• SAIDA ÁS 10 HORAS DO PASEO MARITIMO
• POLAS FRAGAS DO EUME
• NADOS NO 2000 OU ANTES
• GRATUITO • Para poder participar nestas actividades deportivas será imprescindible realizar unha preinscrición ; o prazo da mesma permanecerá aberto ata o día 29 de xuño.

16. TORNEOS DE TENIS ABERTOS

• INFANTÍS ATA 16 ANOS/ PISTA ALCALDE SARMIENTO
• SENIORS DENDE 16 ANOS EN ADIANTE/ PISTA ALCALDE SARMIENTO
• DATAS E HORARIOS SEGÚN INSCRIPCIÓN
• PRAZOS DE INSCRIPCIÓN DENDE O 2 ATA O 27 DE XULLO
• AS FINAIS DISPUTARANSE NAS FESTAS DAS PERAS

17. TORNEO DE FUTBOL SALA DE ASOCIACIÓN DE VECIÑOS

• NADOS EN 1996 OU ANTES.
• DATAS E HORARIOS POR CONFIRMAR.
• PAVILLÓN MUNICIPAL A CASQUEIRA-PISTAS POLIDEPORTIVAS PARROQUIAIS.
• A FINAL DESPUTARASE NAS FESTAS DAS PERAS.
• PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 15 DE XULLO.


ACTIVIDADES E HORARIOS DAS E.D.M. DE INVERNO 2011-12 :

-XOGOS MULTIDEPORTIVOS : 1 GRUPO

- Maiores de 4 anos : nados no 2007 ou antes
- Mércores-venres de 16 a 17 horas.
- COCUEIRO FREIJOMIL
- Prezo : 8 €/mes

-PATÍN : 1 GRUPO

- Maiores de 4 anos : Nados no 2007 ou antes
- Luns-xoves de 16 a 17 horas.
- PAVILLÓN DO IES BREAMO
- Prezo : 8 €/mes

-PSICOMOTRICIDADE : 1 GRUPO

-Maiores de 3 anos : nados no 2006-2008 -Martes-xoves de 16 a 17 horas.
-COUCEIRO FREIJOMIL
-Prezo : 8 €/mes

-XIMNASIA RÍTMICA E DEPORTIVA : 1 GRUPO

-Maiores de 4 anos : Nados no 2007 ou antes
-Luns e mércores de 17 a 18 horas
-COUCEIRO FREIJOMIL
- Prezo : 8 €/mes

-ESCOLA DE XADREZ : 2 GRUPOS

- Maiores de 6 anos-Maiores de 10 anos
- Mércores : de 18 a 20 horas.
- CENTRO DA XUVENTUDE
- Prezo : 4 €/mes

-TIRO CON ARCO : 1 GRUPO

-Maiores de 6 anos : Nados no 2005 ou antes
-Luns e xoves de 16,00 a 17,00 horas -PAVILLON A CASQUEIRA
-Prezo : 8 €/mes

-TENIS : 2 GRUPOS

- Maiores de 7 anos ( de 7 a 10 e + de 10 anos )
- Mércores- venres de 16 a 18 horas.
- PAVILÓN DO IES BREAMO
- Prezo : 8 €/mes

-IUDO : 2 GRUPOS

- Maiores de 5 anos : nados en 2006 ou antes
- Martes- xoves de 17,30 a 19,30 horas.
- FRAGAS DO EUME
- Prezo : 8 €/mes

DANZA-AEROBIC : 1 GRUPO

- Maiores de 18 anos.
- Luns-mércores de 20 a 21 horas.
- FRAGAS DO EUME
- Prezo : 8 €/mes

-PILATES : 3 GRUPOS

-Maiores de 18 anos.
-Luns e mércores de 21 a 22 horas. Grupo I
-Martes e xoves de 20 a 21 horas. Grupo II
-Martes e xoves de 21 a 22 horas. Grupo III
-FRAGAS DO EUME
-Prezo : 8 €/mes

-XIMNASIA DE MANTENEMENTO-RELAX :1 GRUPO

-Maiores de 18 anos.
-Luns e mércores de 19 a 20 horas.
-FRAGAS DO EUME
-Prezo : 8 €/mes

-BODY SPORTS

-Maiores de 12 anos
-Venres de 19 a 20 horas
-FRAGAS DO EUME
-Prezo : 4 €/mes

-XIMNASIA DE MAIORES : 1 GRUPO

-Maiores
-Martes e xoves de 10 a 11 horas.
-CENTRO DE MAIORES

-LIGA DE TENIS VETERANOS:

-Maiores de 40 anos
-PAVILLÓN DO IES BREAMO

O prazo de preinscrición permanecerá aberto ata o día 27 de setembro dos correntes.


TORNEO DE TENIS ABERTO 2011 CONCELLO DE PONTEDEUME

Dende o 27 de xullo ata o vindeiro día 11 do mes de agosto , permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar no 8º Torneo Aberto de Tenis " CONCELLO DE PONTEDEUME ", organizado polo Servizo de Deportes do concello .

O torneo dividirase en 3 categorías :

  • ALEVÍN : 9-10-11 anos.
  • INFANTIL : 12-13-14-15 anos
  • ABSOLUTA : maiores de 16 anos ( agosto 1995 )
  • O número de xogadores participantes en cada categoría, será limitado e a inscrición será gratuíta ; si rematado o prazo de inscrición o número de inscritos é superior ao establecido, farase unha fase previa para obter o número de participantes.

    Para inscribirse deberán persoarse no Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA " de luns a venres, de 9 h. a 13,30 h., presentando o D.N.I

    O torneo, nas categorías de alevín-infantil, desenvolverase polo sistema de eliminatorias, e os emparellamentos xurdirán dun sorteo entre todos os participantes; non haberá cabezas de serie e o vencedor pasará á seguinte rolda.

    Os partidos desputaranse na Pista " ALCALDE SARMIENTO " de luns a venres, en horario a determinar, dependendo do número de inscricións.

    Coincidindo coas festas patronais desputaranse as SEMIFINAIS e a FINAL das dúas categorías, en datas e horarios por determinar.

    Desde este Servizo informase a todos os usuarios desta instalación que dende o día 16 de agosto e ata o remate do Torneo, queda totalmente prohibido o uso desta instalación nos horarios destinados ao desenvolvemento do Torneo; estes horarios estarán expostos no taboleiro de anuncios do Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA " e na pista " ALCALDE SARMIENTO ".


    PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DO NADAL 2010

    Como todos os anos por estas datas, o SERVIZO DE DEPORTES do Concello de Pontedeume ofertará para todos os interesados un amplio abanico de actividades deportivas que se desenvolverán no período vacacional do Nadal.

    Para poder participar nestas actividades haberá que facer unha preinscripción pois algunhas delas están limitadas en número de participantes, tanto en número mínimo de participantes como en máximo.

    Si cando remate o período de preinscrición non se cubren uns mínimos o concello reservase o dereito de suspender calquera das actividades ou torneos programados.

    PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DO NADAL 2010

    As actividades deportivas programadas para nen@s pequen@s desenvolveranse en horario de mañá de 12 a 13,30 horas no Pavillón " A CASQUEIRA "; o patinaxe en xeo terá lugar na pista de xeo do Coliseum en A Coruña e os torneos celebraranse polas tardes no Pavillón " A CASQUEIRA " ; o Torneo de Tenis será polas mañás na pista cuberta do IES BREAMO.

    Para maior información e inscricións deben dirixirse á Oficina Administrativa do Servizo de Deportes , sita no Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA " ou ben telefonear ao Nº 981 433041.

    PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DO NADAL 2010
    ACTIVIDADES PARA NENOS PEQUENOS :

    -Luns 27 de decembro : de 12 a 13,30 horas : XOGOS MALABARES + 4 anos
    -Martes 28 de decembro: de 12 a 13,30 horas : XOGO LIBRE + 4 anos
    -Mércores 29 de decembro: de 12 a 13,30 horas : XOGOS COOPERATIVOS + 4 anos.
    -Xoves 30 de decembro : de 12 a 13,30 horas : XOGOS RECREATIVOS+ 4 anos
    -Venres 31 de decembro : de 12 a 13,30 horas : TORNEO MULTIDEPORTE + 4 anos -Luns 3 de xaneiro : de 12 a 13,30 horas : XOGOS TRADICIONAIS + de 4 anos.
    -Mércores 5 de xaneiro : de 12 a 13,30 horas : MINIOLIMPIADAS + 4 anos

    OUTRAS ACTIVIDADES :
    -23-24-27-28-29-30 de 9,30 a 14 horas : TORNEOS DE TENIS
    -22-23-24-26 de decembro de 16 a 20 horas : TORNEOS DE FÚTBOL SALA
    -27-28 de decembro de 16 a 20 horas : TORNEO DE BASKET 3 X 3
    -30 de decembro de 16 a 20 horas : XORNADAS DE BALONMÁN
    -31 de decembro de 11 a 14,30 horas : PIRAGUA-CROSS
    -2 de xaneiro : XADREZ NA RÚA REAL de 11,30 a 14,30 horas
    -4 de xaneiro : PATIN EN XEO : saída ás 11 horas + 6 anos; Nº mínimo de asistentes 15
    PREZO : 6 €

    Bajar Díptico

    Cartel futbol sala

    Cartel tenis


    II TORNEO DE XADREZ " FRANCISCO ALLEGUE "

    Durantes os días 4-5 e 6 de presente mes de decembro, desputarase no interior das instalacións do Hotel Eumesa de Pontedeume o II TORNEO DE XADREZ " FRANCISCO ALLEGUE " organizado polo concello de Pontedeume.

    A competición desenvolverase en diferentes categorías, segundo as idades dos participantes : sub-8 ; Sub 10 ; Sub 12 ; Sub 14 ; Sub 16 ; Sub 18; Absoluta : Maiores de 18 anos.

    O Torneo iniciarase o sábado día 4 de decembro a partir das 11 horas e o remate está previsto para o vindeiro día 6 ás 18,30 horas, cando rematarán as partidas. A continuación tera lugar a entrega de trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e posteriormente, para rematar o evento,realizarase un sorteo de agasallos entre todos os participantes.

    Dende o concello infórmase a todos os cidadáns de que a entrada a este torneo é libre e gratuít, é decir, calqueira que quera poder asistir a observar o desenvolvemento da competición, eso sí, co respeto e silencio que require a situación, xa que a concentración dos participantes é fundamental neste xogo.


    ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2010-11

    Unha vez rematadas as actividades correspondentes ao período vacacional de verán,( do 1 de xullo ao 30 de agosto ) incluídas na oferta das ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE VERÁN 2010, e feito o balance de actividades e participación, dende o concello existe un alto grado de satisfación xa que se contempla con agrado que ano tras ano o índice de participantes nas diferentes actividades que se ofertan, increméntase notablemente, e para que a actividade física non cese , actualmente xa se está a ofertar unha nova programación deportiva cara á tempada de inverno : AS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE INVERNO 2010/11, cuias actividades se levarán a cabo entre o 1º de outubroe finais do mes de maio do vindeiro 2011.

    Dende o concello de Pontedeume informase que dende o día 14 ata o día 30 deste presente mes de setembro, permanecerá aberto o prazo de preinscrición para participar nas Escolas Deportivas municipais de inverno 2010/11 .

    As actividades programadas para esta nova tempada, son as seguintes :

    -PATIN
    -XOGOS MULTIDEPORTIVOS
    -TENIS
    -IUDO
    -XADREZ
    -DANZA-AEROBIC
    -PILATES
    -XIMNASIA DE MANTENEMENTO-RELAX ADULTOS
    -XIMNASIA MANTENEMENTO MAIORES
    -LIGA DE TENIS VETERANOS

    Recordar aos interesados que se trata de facer unha preinscrición e posteriormente se lles comunicará se teñen praza na actividade que pretenden participar.

    Bajar Díptico


    7º Torneo de Tenis " concello de Pontedeume "

    Dende o día 17 de agosto estase a desputar o 7º Torneo de Tenis " concello de Pontedeume " na pista polideportiva " Alcalde Sarmiento " deste municipio.

    O Torneo divídese en 3 categorías, segundo as idades dos participantes :

    -ALEVÍNS de 9 a 11 anos.
    -CADETES de 12 a 15 anos.
    -SENIORS, maiores de 15 anos.

    Os encontros se desputan por semana, de luns a venres en horario de 10 a 14 horas e dende as 17 horas ata o remate do último partido da xornada : polas mañás se xogarán os partidos das categorías ALEVÍN-CADETE e polas tardes os partidos de categoría SENIOR.

    Indicar que durante esas horas o uso da pista polideportiva será exclusivo para xogar os encontros do torneo. O resto de horas o uso da pista permanecerá aberto ao público.

    As rondas finais deste torneo se desputarán nas Festas das Peras.

    Dende o concello se valora de forma satisfactoria o acollemento que esta a ter este torneo, ano tras ano, xa que o índice de participación cada vez é máis elevado, que nesta edición alcanza o número de 53 xogadores entre as tres categorías.


    II TORNEO DE FÚTBOL SALA DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS

    Nesta 2º edición participan as seguintes asociacións veciñais : -OMBRE -NOGUEIROSA -BOEBRE- -OLMO -A VILA

    Os partidos xogaranse no pavillón municipal " A CASQUEIRA " os xoves ás 20 e 21 horas e na pista polideportiva de Nogueirosa, os venres no mesmo horario, alternando o escenario cada semana.

    O sistema de competición e o dunha liguilla na que se enfrontan todos contra todos unha sola volta. Os catro primeiros equipos clasificados desputarán as semifinais e os vencedores destas xogarán a final.

    As semifinais e a final do torneo xogaranse os días das festas patronais " AS PERAS " .

    CALENDARIO DO TORNEO :

    1ª XORNADA : 05-08 A A CASQUEIRA
    -ás 20 horas : OMBRE-NOGUEIROSA
    -ás 21 horas : PONTEDEUME-OLMO
    DESCANSA : BOEBRE

    2ª XORNADA :13-08 PISTA DE NOGUEIROSA
    -ás 20 horas : OMBRE-PONTEDEUME
    -ás 21 horas : NOGUEIROSA-BOEBRE
    DESCANSA :OLMO

    3ª XORNADA :19-08 A CASQUEIRA
    -ás 20 horas : OMBRE-OLMO
    -ás 21 horas : PONTEDEUME-BOEBRE
    DESCANSA : NOGUEIROSA

    4ª XORNADA : 27-08 PISTA DE NOGUEIROSA
    -ás 20 horas : OMBRE-BOEBRE
    -ás 21 horas : NOGUEIROSA-OLMO
    DESCANSA : PONTEDEUME

    5ª XORNADA : 02-09 A CASQUEIRA
    -ás 20 horas : NOGUEIROSA-PONTEDEUME
    -ás 21 horas : OLMO-BOEBRE
    DESCANSA : OMBRE

    SEMIFINAIS : MARTES 7 DE SETEMBRO A CASQUEIRA

    1ª SEMIFINAL : 1º CONTRA 4º CLASIFICADOS ás 21 horas.

    2ª SEMIFINAL : 2º CONTRA 3º CLASIFICADOS ás 22 horas.

    FINAL : XOVES 9 DE SETEMBRO ás 21,30 horas. A CASQUEIRA


    TORNEO DE TENIS ABERTO 2010 CONCELLO DE PONTEDEUME

    Dende o luns 2 de agosto ata o vindeiro día 13 do mesmo mes , permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar no 7º Torneo Aberto de Tenis " CONCELLO DE PONTEDEUME ", organizado polo Servizo de Deportes do concello .

    O torneo dividirase en 3 categorías :

    -ALEVÍN : 9-10-11 anos.
    -INFANTIL-CADETE : 12-13-14-15 anos
    -ABSOLUTA : maiores de 16 anos ( agosto 1994 )

    O número de xogadores participantes en cada categoría, será limitado e a inscrición será gratuíta ; si rematado o prazo de inscrición o número de inscritos é superior ao establecido, farase unha fase previa para obter o número de participantes.

    Para inscribirse deberán persoarse no Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA " de luns a venres, de 9 h. a 13,30 h., presentando o D.N.I, ou ben telefoneando ao Nº: 981433041

    Os partidos desputaranse na Pista " ALCALDE SARMIENTO " de luns a venres, en horario a determinar, dependendo do número de inscricións.

    Coincidindo coas festas patronais desputaranse as Semifinais e a FINAL de todas as categorías, en datas e horarios por determinar.

    Desde este Servizo informase a todos os usuarios desta instalación que dende o día 16 de agosto e ata o remate do Torneo, queda totalmente prohibido o uso da mesma nos horarios destinados ao desenvolvemento do Torneo; estes horarios estarán expostos no taboleiro de anuncios do Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA " e na pista " ALCALDE SARMIENTO ".


    Prazo inscrición actividades deportivas agosto 2010

    O concello de Pontedeume informa a todos os usuarios intersados que dende o día 19 ata o 26 de xullo permanecerá aberto o prazo de inscrición para poder participar en calquera das actividade deportivas programadas cara ao verán 2010, durante o mes de agosto .

    Recordar ao mesmo tempo que o número de prazas é limitado en cada actividade e que para que estas se leven a cabo, é imprescindible acadar un número mínimo de asistentes.

    Para maior información e inscrición deben dirixirse ao Servizo de Deportes do concello, sito no pavillón municipal de deportes A CASQUEIRA ou ben telefonear ao número 981433041-607614764


    Maratón de fútbol sala "VILA DE PONTEDEUME

    Durante os días 16-17-18 de xullo, coincidindo coas festas do Carmen en Pontedeume, desputarase nas instalacións do pavillón municipal de deportes de Pontedeume, " A CASQUEIRA " unha nova edición do maratón de fútbol sala "VILA DE PONTEDEUME, organizado pola asociación xuvenil " Amigos do Eume " e patrocinado polo concello de Pontedeume.

    Neste torneo participarán un elevado número de equipos, destacando o gran nivel competitivo dalgunha destas formacións participantes, prestixio ganado a pulso pola traxectoria amosada ao longo doutros torneos similares.

    Cabe destacar os premios que se entregarán aos primeiros clasificados, xa que aparte dos trofeos a organización aportará 3.500 € en metálico, distribuídos entre os 8 primerios clasificados.

    A organización " Amigos do Eume " convida a todos os interesados a que asistan e animen aos participantes para ver si entre todos somos capaces de facer unha festa do fútbol sala e ao mesmo tempo un torneo animado e moi competido no que sobre todo o demáis reine a armonía, o saber estar e o deporte.

    O prazo de inscrición para poder participar neste maratón, rematará o vindeiro mércores 14 de xullo. Para máis información telefonear aos nº de teléfono : 981433347-619347214 ( a calqueira hora )


    Escolas Deportivas Municipais do Verán 2010

    O concello de Pontedeume informa que dende o día 15 ata ás 10 horas do día 29 deste presente mes de xuño e agosto, permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar nas Escolas Deportivas municipais de verán e nas diversas actividades deportivas programadas cara o vindeiro mes de agosto :

    -PATIN
    -XOGOS RECREATIVOS
    -MULTIDEPORTE
    -TENIS
    -XADREZ
    -PIRAGÜISMO
    -ROTAS EN PIRAGUA
    -MARCHA CICLISTAS
    -SENDEIRISMO
    -AEROBIC
    -PILATES
    -XIMNASIA MANTENEMENTO DE ADULTOS

    -TORNEOS DE : fútbol sala de AA//VV -tenis de categorías inferiores ( de 7 a 15 anos ); tenis categoría seniors ( maiores de 16 anos ), etc...

    Recordar aos interesados que se trata de facer unha preinscrición e posteriormente se lles comunicará se teñen praza na actividade que pretenden participar.

    Se a demanda existente supera o número de prazas establecidas para cada actividade procederase a realizar un sorteo público ante a señora secretaria do concello o día 30 de xuño ás 11 horas na casa consistorial, de onde sairán os participantes definitivos en cada actividade, tendo preferencia os empadroados ou residentes no concello.

    Para máis información e preinscrición deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello de Pontedeume sita na Avda da Mariña s/n ou ben telefonear ao número do Servizo : 607614764 e 981433041 en horario de mañá de 9,30 a 13,30 horas.

    ACTIVIDADES E HORARIOS DAS E.D.M DE VERÁN 2010

    ACTIVIDADE:

    -PATÍN : 1 GRUPO : LUNS-MÉRCORES-VENRES de 13 a 14 horas.
    -Mínimo de 10 alumnos , 3 horas semanais
    -Máximo de 20 alumnos.
    -Nados no 2006 ou antes.
    -IES BREAMO

    -XIMNASIA RÍTMICA :MARTES-XOVES de 12,30 a 13,30 horas.
    -Mínimo de 10 alumnos , 3 horas semanais
    -Máximo de 20 alumnos.
    -Nados no 2006 ou antes.
    -IES FRAGA DO EUME

    -TENIS : 3 GRUPOS: LUNS-MÉRCORES-VENRES de 10 a 13 horas.
    - Mínimo 10 alumnos, 3 horas semanais
    - Máximo de 16 alumnos por grupo.
    - Nados no 2003 ou antes
    -IES BREAMO

    -XOGOS PREDEPORTIVOS : LUNS-MERCORES-VENRES de 11,30 a 12,30 horas.
    - Mínimo 8 alumnos, 3 horas semanais
    - Máximo de 16 alumnos.
    - Nados en 2006 ou antes.
    -IES FRAGA DO EUME?

    -ESCOLA MULTIDEPORTIVA : MARTES-XOVES de 11,30 a 12,30 h.
    - Mínimo 8 alumnos, 2 horas semanais.
    - Máximo 20 alumnos.
    - Nados en 2006 ou antes.
    -IES FRAGA DO EUME

    -ESCOLA DE XADREZ : CENTRO DE XUVENTUDE : mércores de 12 a 13 horas.
    -Mínimo de 8 alumnos
    -Máximo de 20 alumnos
    -Nados 2005 ou antes

    -PILATES PARA ADULTOS : MARTES-XOVES de 20,30 a 21,30 horas.
    -Mínimo de 10 alumnos, 2 horas semanais
    -Máximo de 25 alumnos
    - ADULTOS
    -IES FRAGA DO EUME

    -AEROBIC PARA ADULTOS : LUNS-MÉRCORES de 20,30 a 21,30 horas
    -Mínimo de 10 alumnos, 2 horas semanais
    -Máximo de 25 alumnos
    - ADULTOS
    -IES FRAGA DO EUME

    -XIMNASIA PARA MAIORES : MARTES-XOVES de 10 a 11 horas
    -Mínimo 10 alumnos
    -Non hai límite de inscricións nin de idades.
    -CENTRO DE MAIORES

    -PIRAGÜISMO:1 GRUPO : de LUNS A VENRES de 12,30 a 14 horas.
    : Mínimo 10 alumnos;10 días a 1,5 horas diarias
    : Máximo de 22 alumnos por grupo.
    : Nados no 2001 ou antes ( 9 anos )
    Imprescindible saber nadar.
    HORARIO : TODOS OS DÍAS , DE LUNS A VENRES DE 12,30 a 14 horas.
    DENDE O DÍA 5 DE XULLO ATA O DÍA 28 DE AGOSTO .

    -ROTAS EN PIRAGUA :
    -Polo río Eume : día 11 de xullo de 17 a 19,30 horas 10 €
    -Pola ría de Ares : día 15 de agosto de 17 a 19,30 horas 10 €
    -Maiores de 12 anos ( nados 1998 ou antes )
    -Imprescindible saber nadar.
    -Mínimo de 10 e máximo de 30

    SENDEIRISMO :
    -2 sesións os días : 11 de xullo e o día 15 de agosto. 5 €
    -mínimo 5 e máximo 15
    -Nados no 2000 ou antes ( 10 anos )
    -De 11 a 13 horas.

    -MARCHAS CICLOTURISTAS .
    OS DÍAS 25 DE XULLO E 22 DE AGOSTO
    HORARIO DE SAÍDA : ás 10 horas.
    FRAGAS DO EUME
    Maiores de 12 anos.
    Mínimo de participantes : 10

    -TORNEO DE FÚTBOL SALA DE AA/VV : CASQUEIRA-PARROQUIAS

    -TORNEO ABERTO DE TENIS INFANTÍS : PISTA ALCALDE SARMIENTO

    -TORNEO ABERTO DE TENIS SENIORS: PISTA ALCALDE SARMIENTO

    Tanto as datas do torneo, como os horarios e os prazos de inscrición para participar nos mesmos, serán debidamente publicitados no seu momento.

    -TORNEO DE FÚTBOL SALA DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS
    Maiores de 16 anos
    Despois do 15 de xullo
    Horario por determinar
    Máximo 8 equipos

    -TORNEO ABERTO DE TENIS : PISTA ALCALDE SARMIENTO
    Maiores de 7 anos
    No mes do 1 ao 15 de agosto : FINAL NAS FESTAS DAS PERAS
    Mínimo de 16 participantes
    Horario a determinar: dependendo do nº de participantes.

    -TORNEO ABERTO DE TENIS : PISTA ALCALDE SARMIENTO
    Maiores de 16 anos
    No mes de agosto : a partir do día 15; final nas FESTAS DAS PERAS
    Mínimo de 16 participantes
    Horario a determinar: dependendo do nº de participantes.


    DEPORTE E IGUALDADE

    06-06-2010

    O Concello de Pontedeume, seguindo na liña de traballo asumida dende hai tempo para que a incorporación da muller en todas as áreas da vida pública sexa REAL e EFECTIVA, pon en marcha a segunda edición do Día do Deporte na rúa en prol da Igualdade de xénero, que baixo o título “Deporte e Igualdade” ten como obxectivo promover a desaparición de actitudes sexistas e fomentar a convivencia e a percepción da Igualdade entre as mulleres e os homes na práctica do deporte.

    Partindo do valor que ten o deporte como estratexia de educación en valores e factor de integración social ,cremos firmemente que ten que se converter nun espazo de ruptura cós estereotipos sexistas que limitan a participación feminina en calquera das súas áreas.

    HORARIO: de 12:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 h..
    CIRCUITO:
    XARDINS DE LOMBARDERO:

    • Xincana ciclista (Colabora Clube Pena Leboreira)

    SOPORTAIS DO MERCADO:

    • Ping-pong
    • Esgrima
    • Cama elástica

    DIANTE DA PRAZA DO MERCADO:

    • Rocodromo –Faro
    • Aerobic
    • Bufalo
    • Camas elasticas

    DIANTE DO PILÓN

    • Carpa de reopción e información
    • Hinchable para nenas e nenos pequen@s

    TORREÓN

    • Rocodromo de parede
    • Tiro con Arco

    PRAZA DO CONDE:

    • Xogos xigantes de solo: conecta 4, tres en raia, as damas

    RÚA COUCEIRO FREIXOMIL

    • Xogo de xadrez

    PORTO

    • Futbol 3x3
    • Circuito de Educación Vial
    • Mini-Baloncesto
    • Circuito de Trikets: 18x12
    • Pista Americana
    • Piragüismo.
    • Balonmán

    En caso de choiva a actividade aplazarase ata novo aviso
    Repartiranse 150 mochilas e 350 camisetas entre as e os participantes  primeiros que completen o itinerario según as características propias da súa idade.

    ORGANIZA:
    Concello de Pontedeume


    Clausuras das actividades programadas nas Escolas Deportivas Municipais de Inverno 2009-10.

    O pasado 31 de maio rematou o curso 2009/10 das actividades ofertadas polo concello de Pontedeume dentro do programa das Escolas Deportivas Municipais de Inverno, cunha xornada de clausura en cada unha das escolas.

    Unha vez coñecidos e analizados os datos de matriculación e de asistencia, e segundo a opinión dos alumnos, dende o Servizo de Deportes faise unha valoración altamente positiva tanto pola cantidade de participantes nestas escolas ( nesta tempada se superou ampliamente o número de asistentes doutras tempadas ) como do grado de satisfacción manifestado polos usuarios, que na inmensa maioria se encontran encantados pola súa participación nas diferentes actividades ofertadas e do nivel técnico amosado polo monitorado encargado de impartir as ditas actividades.

    Cabe destacar un notable incremento de participación en dous colectivos que anteriormente eran minoritarios : de idades de 25-64 anos e dos maiores de 65 anos.

    Entre estes 2 colectivos xuntáronse cerca de 200 personas que practicaron actividade física regularmente dende outubro ata finais de maio , sendo as Escolas de : AEROBIC, PILATES e XIMNASIA DE MANTENEMENTO de adultos nas que existiu un maior número de participantes .

    A continuación preséntase unha táboa das actividades levadas a cabo e do nº de participantes :

    ESCOLA DEPORTIVA. -------------------------Nº DE PARTICIPANTES

    -XOGOS RECREATIVOS. 8

    -XIMNASIA RÍTMICA. 18

    -XADREZ. 20

    -PATINAXE. 26

    -IUDO INICIACIÓN. 12

    -IUDO PERFECCIONAMENTO. 14

    -TENIS INICIACION. 19

    -TENIS PERFECCIONAMENTO. 16

    -XIMNASIA DE MANTENEMENTO. 38

    -AEROBIC. 52

    -PILATES. 80

    TOTAL = 303 alumnos.

    Próximamente darase a coñecer a oferta de actividades das Escolas Deportivas do Verán 2010 que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto. Recordamos a todos os interesados que dende o 15 ata o 30 de xuño permanecerá aberto o prazo de inscrición para poder participar nelas.


    " VI XORNADAS DE XOGOS POPULARES EUMESES "

    Con motivo da celebración do día DAS LETRAS GALEGAS, o vindero 17 de maio, o Servizo municipal de Deportes do concello de Pontedeume está a organizar as " VI XORNADAS DE XOGOS POPULARES EUMESES " en colaboración coas as distintas asociacións de veciños municipais.

    Con estas xornadas preténdese achegar a todos os eumeses unha serie de xogos tradicionais que se practicaron durante moitos anos no noso entorno e que actualmente están algo en desuso.

    Nesta edición a xornada desenvolverase nas parroquias de Ombre, Andrade, Boebre e no casco urbán.

    Co fin de que poidan disfrutar destes xogos a maior parte posible de eumeses, a xornada partirase en horario de mañá e de tarde :

    - Pola mañá de 12 a 14 horas poderase asistir e participar destes xogos nas parroquias de Andrade, Ombre e Boebre.

    - Pola tarde de 18 a 20 horas todos os que queiran poderán participar destes xogos nos Xardíns de Lombardero.

    XOGOS POPULARES A DESENVOLVER NESTA EDICIÓN :

    -RA -ZANCOS -BIRLOS -CARREIRA DE SACOS -PETANCA -CHAVE -BUXAINA -SOGA-TIRA -PANO

    O mércores 19 de maio, como en edicións anteriores , o concello poñerá a disposición das escolas unitarias de Ombre, Boebre e Campolongo, un autobús que levará aos nenos máis pequenos, a visitar a feira artesanal que anualmente vense realizando na Urbanización Olmo, organizada pola Unidade Veciñal Olmo, donde ademáis dos talleres culturais e de artesanía que alí se desenvolven, poderán disfrutar de novo dos XOGOS POPULARES que o concello trasladará ata alí xunto con monitores para lles explicar aos cativos o funcionamento dos mesmos.


    Campamentos deportivos e de fútbol organizados pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña, e ofertados polo Concello de Pontedeume.

    O Servizo Municipal de Deportes informa de que o concello de Pontedeume foi incluido no plan de campamentos organizados pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña cara ao verán 2010 e que participará no mesmo, encargándose de ofertar o número de prazas outorgadas pola Excma.Deputación Provincial de A Coruña para cada un dos campamentos : 5 prazas para cada un deles.

    As idades dos rapaces/as interesados/as en participar serán as comprendidas entre 9 e 13 anos.

    Os campamentos que se levarán a cabo son os seguintes :

    -Campamentos Deportivos a desenvolver entre os días 4 e 10 do mes de xullo.

    -Campus de fútbol, dende o día 11 ata o día 17 de xullo.

    Para maior información e inscrición deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello de Pontedeume sita no pavillón municipal " A CASQUEIRA " ou ben telefoneando ao número 981433041 ; así mesmo está dispoñible toda a información necesaria na páxina web da Deputación Provincial de A Coruña, na dirección : www.dicoruna.es

    O prazo de inscrición para anotarse a estes campamentos rematará o di 11 do mes de xuño.

    Unha vez rematado o prazo para inscribirse nestes campamentos, se o número de inscritos resulta ser superior ao número de prazas adxudicadas ao concello pola Deputación Provincial realizarase un sorteo público diante da Sra Secretaria do concello, o día 14 de xuño ás 11 horas, no salón de plenos da casa consistorial, do que sairán os beneficiarios das prazas e os suplentes por estricto órden de sorteo.


    Actividades desta SEMANA SANTA

    Como todos os anos durante os períodos vacacionais escolares, o concello de Pontedeume a través do seu Servizo de Deportes propón unha programación de actividades deportivas dirixidas aos rapac@s de todas as idades.

    O calendario de actividades desta SEMANA SANTA será a seguinte :

    Luns 29 de marzo :

    -de 10,15 a 12,15 horas : CAMPUS DE INICIACIÓN AO BALONCESTO : de 8 a 16 anos.
    -de 12,30 a 14 horas : XOGOS POPULARES, para maiores de 4 anos.
    -de 16,30 a 18 horas : CURSIÑO DE PIRAGÜISMO : maiores de 8 anos.
    -de 16,30 a 19,30 horas : CURSIÑO DE BALONMÁN : de 7 a 12 anos.

    Martes 30 de marzo :

    -de 10,15 a 12,15 horas : CAMPUS DE INICIACIÓN AO BALONCESTO : de 8 a 16 anos
    -de 12, 30 a 14 horas : XOGOS RECREATIVOS, para maiores de 4 anos.
    -de 16,30 a 18 horas : CURSIÑO DE PIRAGÜISMO : maiores de 8 anos : saber nadar
    -de 16,30 a 19,30 horas :CURSIÑO DE BALONMÁN : de 7 a 12 anos

    Mércores 31 de marzo:

    -de 12,30 a 14 horas : XOGOS PREDEPORTIVOS : para maiores de 4 anos
    -de 16,30 a 18 horas : CURSIÑO DE PIRAGÜISMO : maiores de 8 anos ; saber nadar

    Xoves 1 de abril :

    -de 12 a 13 horas : EXHIBICIÓN DE XIMNASIA RÍTMICA polo CLUB ACORDES
    -de 11 a 13 horas : ROTAS EN PIRAGUA : maiores de 8 anos.

    Sábado 3 de abril :

    -de 16,30 a 18,30 horas :CIRCUITADA DE BTT no paseo marítimo : maiores de 6 anos.
    -ás 18,30 horas, PARTIDO DE EXHIBICIÓN DE BALONMÁN entre seniors e veteranos do CLUB BALONMÁN ROCARMAR PONTEDEUME

    Domingo 4 de abril :

    -de 10 a 12 horas : marchas ciclistas polas Fragas: maiores de 13 anos.
    -de 12 a 14 horas :
    -cronometrada no paseo marítimo : de 8 a 12 anos.
    -Ximkana ciclista : para todas as idades

    Para participar en calqueira das as actividades programadas será imprescindidible realizar unha preinscrición ; o prazo da mesma rematará o día 26 de marzo ás 13,30 horas.

    Todas estas actividades excepto o piragüismo e as probas cilcistas desenvolveranse no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA ".


    EUMEOLIMPIADAS ESCOLARES 2010

    Durante a presente semana, dende o luns 22 ata o xoves 25 de marzo, no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " de Pontedeume, todas as mañás entre as 9,30 e as 13,30 horas, celebraranse unhas xornadas deportivas entre os escolares dos diferentes centros educativos ubicados no concello.

    Realizaranse unha serie de actividades deportivas cuio obxectivo fundamental e a promoción da convivencia a través do deporte así como a sá competitividade: os resultados serán o de menos.

    Realizaranse unha serie de actividades deportivas cuio obxectivo fundamental e a promoción da convivencia a través do deporte así como a sá competitividade: os resultados serán o de menos.

    O luns 22 participarán os alumnos de 3º curso de primaria; o martes 23 os alumnos de 4º curso de primaria ; o mércores 24 os alumnos de 5º curso de primaria e o xoves 25 os alumnos de 6º curso de primaria.

    Na semana seguinte participarán tamén os alumnos de 1º e 2º de E.S.O que realizarán as actividades o día 7 de baril.

    Dende o concello ano tras anos promocionamos estas EUMEOLIMPIADAS para que os rapac@s de todos os centros de ensinanza do municipio manteñan un contacto e se vaian reñlacionando entre eles, e ao mesmo tempo aprovetamos para promocionar o deporte escolar do noso entorno.


    IX Gala do Deporte Eumés

    O vindeiro 30 de decembro dos correntes, a partir das 19,30 horas no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " de Pontedeume celebrarase a IX GALA DO DEPORTE EUMÉS, acto no que se rendirá homenaxe aos deportistas eumeses destacados nas diferentes modalidades deportivas, e ao considerado MELLOR DEPORTISTA EUMÉS dos anos 2008-2009.

    Farase tamén un recoñecemento público a tod@ os participantes nas Escolas Deportivas Municipais amosando así a intención que dende o concello manifestan os nosos representantes, apostando polo deporte como vehículo de transmisión de saude e benestar.

    A este acto que está organizado polo Servizo de Deportes do concello de Pontedeume e co que colabora " Caixa Galicia ", asistirá algún xogador compoñente da 1ª plantilla do DEPORTIVO de A Coruña, que participará na entrega de trofeos e agasallos.


    Programa de actividades cara o NADAL 2009

    Como cada ano cando chegan os períodos vacacionais, o Servizo de Deportes do concello de Pontedeume oferta unha amplia e variada programación de actividades deportivas dirixidas a todos os rapaces da vila e aos visitantes.

    O programa de actividades cara este NADAL 2009 é o seguinte :

    -Sábado 19 de decembro ás 11,30 horas : FESTA DO IUDO
    -Sábado 19 de decembro ás 17 horas:EXHIBICIÓN XIMNASIA RITMICA
    -Mércores 23 de decembro ás 11,30horas :XOGOS CON PARACAÍDAS
    -Xoves 24 de decembro ás 11,30 horas : XOGOS TRADICIONAIS
    -Sábado 26 de decembro ás 11 horas : 2º PIRAGUA-CROSS
    -Luns 28 de decembro ás 11,30 horas : XOGOS MALABARES
    -Martes 29 de decembro ás 11,30 horas : MINIOLIMPIADAS
    -Martes 29 de decembro ás 16,30 horas : TORNEO DE BASKET
    -Mércores 30 de decembro ás 11,30 horas : XOGOS COOPERATIVOS
    -Mércores 30 de decembro ás 19,30 horas : IX GALA DO DEPORTE
    -Xoves 31 de decembro ás 11,30 horas : TORNEO MULTIDEPORTE
    -Sábado 2 de xaneiro ás 11,30 horas : XORNADA DE BALONMÁN
    -Domingo 3 de xaneiro de 12 a 14 horas : XADREZ NA RÚA REAL
    -Luns 4 de xaneiro ás 11,30 horas : XOGOS RECREATIVOS
    -Luns 4 de xaneiro ás 11 horas : PATINAXE EN XEO ( Coliseo-A Coruña )
    -Martes 5 de xaneiro ás 11,30 horas : XOGO LIBRE

    Para maior información deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello de Pontedeume sita no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " ou ben telefonear ao número 981433041 en horario de 9 a 13,30 horas.

    Para participar nestas actividades deberá facerse unha preinscrición.

    Descargar Díptico


    2ª Edición do Torneo de Xadrez

    Durante os días 7 e 8 deste mes celebrouse no Hotel Eumesa de Pontedeume a 2ª Edición do Torneo de Xadrez " Vila de Pontedeume " acadando un grande éxito. O número de participantes foi bastante máis elevado que na edición anterior : cabe destacar a cantidade de rapaces eumeses que participaron no torneo, poñendose así de manifesto a excelente labor que se ven levando a cabo dende o " Club de Xadrez " TORREÓN.

    Neste evento organizado polo Servizo de Deportes do concello de Pontedeume colaborou desinteresadamente o club de Xadrez local, debéndose facer unha mención especial á figura de Francisco Allegue (máis coñecido como Paquito) , participante activo e un dus artífices de que perviva o Xadrez no noso municipio.

    Galería Axedrez


    Liga de Tenis Veteranos

    Como ben sendo habitual por estas datas, dende hai 6 anos, o Servizo de Deportes do concello de Pontedeume está a organizaru nha Liga de Tenis de Veteranos, para maiores de 40 anos de idade.

    Este ano cúmprese a 7ª Edición dende o inicio da mesma.

    Para poder participar nesta Liga de Tenis, os interesados deberán formalizar a inscrición na oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello, sita no pavillón municipal " A CASQUEIRA " ou ben telefoneando ao número : 981433041 en horario de 8,30 a 13,30 horas.

    O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o día 2 ata o día 12 de novembro e o número de prazas será limitado.

    Os partidos desputaranse na pista cuberta do IES BREAMO (acceso polo paseo marítimo) desenvolvéndose en horario de tarde de luns a venres e os sábados pola mañá.

    Todos aqueles interesados en presenciar estes partidos que saiban que a asistencia a os mesmos é gratuíta e o único que se lles pide e que respeten aos xogadores e a instalación.


    Horario libre do Pavillón "A Casqueira"

    Unha vez postas en marchas as actividades programadas nas Escolas Deportivas Municipais de inverno 2009/10 e distribuídos os horarios de uso do pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " para que poidan adestrar as distintas categorías das entidades deportivas municipais federadas, así como xogar os partidos que lles marquen os calendarios das respectivas federacións , toda a actividade deportiva municipal queda distribuida polas diferentes instalacións deportivas tanto municipais como nas dalgúns dos centros escolares municipais que colaboran co concello de Pontedeume cedendo o uso das mesmas : IES Breamo, IES Fragas do Eume, Colexio Couceiro Freijomil.

    Despois da distribución dos horarios das actividades e das instalacións nas qeu se desenvolverán, no Pavillón municipal de Deportes " A CASQUEIRA " quedan a disposición do público en xeral algunhas horas que poderán ser alugadas polos usuarios que así o soliciten :

    Os luns de 21 horas a 23,30 horas.
    Martes-mércores-xoves-venres de 22,30 a 23,30 horas.

    Os sábados e festivos non existen horas prefixadas de aluguer pois depende da actividade deportiva federada que se desenvolva na instalación segundo marcan os calendarios das dieferentes competicións.

    Para máis información deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes sita no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA" ou ben telefonear ao número 981 433 041 . Horas que quedan libres para poder alugar a pista de xogo do pavillón " A CASQUEIRA "


    Escolas Deportivas Municipais

    Dende o día 18 de setembro ata o 9 de outubro permaneceu aberto o prazo de inscrición para poder participar nas actividades deportivas ofertadas no curso 2009/10 das ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS organizadas polo Servizo de Deportes do concello de Pontedeume, que se desenvolven dende o 15 de outubro do 2009 ata o 30 de maio de 2010.

    As Escolas Deportivas Municipais ofertadas e o número de participantes inscritos ata o de agora é o seguinte :

    ACTIVIDADE Nº DE ALUMNOS:
    XOGOS MULTIDEPORTIVOS 10
    ESCOLA DE XADREZ 18
    XIMNASIA RÍTMICA E DEPORTIVA 16
    ACTIVIDADES DE PATIN 22
    IUDO 24
    TENIS 39
    XIMNASIA DE MANETENEMENTO DE MAIORES 36
    DANZA-AEROBIC 41
    PILATES 80

    Recordamos a todos os eumeses que a pesar de que o prazo de inscrición xa rematou e que as Escolas xa están funcionando, ainda quedan prazas libres nalgunha das actividades.

    Para máis información deben dirixirse á oficina administrativa do Servizo de Deportes do concello de Pontedeume sita no pavillón municipal de deportes "A CASQUEIRA" OU TELEFONEAR AO NÚMERO 981433041 en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas, de luns a venres


    Actividades Deportivas Tempada de Inverno

    Como todos os anos por estas datas o Servizo de Deportes do concello de Pontedeume presenta a súa oferta de actividades deportivas cara a tempada de inverno : octubre 2009 ata maio de 2010.

    Unha programación rica e variada no número de actividades ofertadas e dirixida a todos os colectivos de idades diferentes, dende os máis pequenos ( 3 anos ) ata os de idades máis avanzadas, que poderán participar na actividade de ximnasia de mantenemento no centro de maiores.

    O prazo de inscrición para poder participar nestas Escolas Deportivas Municipais de inverno estará aberto dende o día 18 de setembro ata o 9 de outubro.

    As inscricións formalizaranse na oficina administrativa do concello de Pontedeume , sita no pavillón municipal de deportes " A CASQUEIRA " en horario de luns a venres de 10 a 14,00 horas.

    Para máis información poden persoarse nesa mesma oficina ou ben telefonear ao número do pavillón : 981 433 041

    Descargar Tríptico

    CQpro.com