Concello - Concellerías - Cultura
 










Concellería de Cultura


Biblioteca Pública Municipal

Actividades Permanentes

"Queremos que a Bilbioteca sexa un espacio aberto, familiar dende a máis curta idade."

Vente anos realizando esta campaña de animació. Participan anualmente alumnos de tódolos centros escolares, incluidas as Escolas Unitarias; de idades entre os 4 e 10 anos.

Biblioteca Pública Municipal Itinerante ( Parroquias )

"Queremos que os libros estén ó alcance de todos"

Coa posta en funcionamento da Biblioteca Municipal Itinerante no ano 1993, intentamos que o libro chegue os rincóns máis apartados da Vila. Dende o ano 1995 paralelemante ó préstamo de libros, que se poñen a disposición dos veciños das parroquias, organízanse ciclos de videos, que se proxectan nos locais das AA.VV. donde esta instalada a Biblioteca Municipal Itinerante.

Biblioteca Itinerante de Aula ( Escolas Unitarias )

Coñecedores da realidade precaria das Bibliotecas de Aula, púxose no ano 1997 a funcionar unhas caixas de libros que itineraneraban polas catro Escolas Unitarias que están distribuidas na zona rural do noso Concello. Na actualidade os libros están de forma permanente e cada ano ampliase o fondo de libros de cada escola.

Día do Libro ( 23 de abril )

"O libro reivindicando a súa festa. O libro tamén ten que sair a rúa, intentamos que se sinta no ambiente, a festa da palabra escrita."

Vinte anos seguidos sacando o libro as prazas e rúas.

Actividades

En colaboración cos libreiros de Pontedeume expoñense e véndense libros na Casa da Cultura.

Concerto de música.

Presentación de libros.

Pregón Día do Libro.

Contacontos, títeres... etc.

Presentación dos Libros

"Intentamos achegar os autores dos libros aos usuarios da Biblioteca."

Ao longo destes anos a Biblioteca ven sendo a única institución do Concello que de maneira permanente, fai presentacións de libros de autores principalmente galegos, infantís e xuvenís nas súas salas.

Fondo Local

"Conservar e preservar o noso, o que está máis preto."

Unha das labores máis interesantes que intentamos levar a cabo a recopilación de todo tipo de materiais que teñan que ver coa nosa historia local. Na actualidade contamos con un número interesante de documentación sobre temas locais. Como dato de interés, citar que contamos con tódolos xornais de finais e principios de século de Pontedeume, e que están microfilmados e dixitalizados. Este fondo local a parte dos materiais impresos (libros, fotocopias, xornais, revistas ...) tamén se compón de peliculas de video, microfichas, fotos, carteis ... etc.

CQpro.com