Concello - Concellerías - Cultura
 










Concellería de Cultura


Actividades Culturais

Programación de videos

Paralelamente a tódolas actividades que se desenvolven na Biblioteca, tamén programamos ciclos de películas, coincidindo coas vacacións do Nadal e do verán. Intentamos dentro das nosas posibilidades diversificar a oferta cultural da casa.

Ciclo Cine Mudo e de Humor

Desde o ano 2001 a biblioteca ven de programar un ciclo de cine mudo e de humor destinado os xoves e maiores. A nosa intención é diversificar a oferta cultural da Biblioteca.

Letras Galegas

Coincidindo co mes de Maio, celebración das Letras Galegas, a Biblioteca desenvolve toda unha serie de actividades para conmemorar este día. Presentación de Libros, exposicións, contacontos... etc.

Concurso de Contos " Vila de Pontedeume".

“A intención e potenciar e incentivar a creación literaria dos xoves”

O concurso está restrinxido a estudantes de segunto ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos de Formación de grao medio ou superior, cuxa idade non supere os 20 anos. Cada 5 anos publícase un libro recollendo os contos gañadores e accesits. O premio ten dotación económica.

Presentación dos Libros

"Intentamos achegar os autores dos libros aos usuarios da Biblioteca."

Ao longo destes anos a Biblioteca ven sendo a única institución do Concello que de maneira permanente, fai presentacións de libros de autores principalmente galegos, infantís e xuvenís nas súas salas.

Novembro Fotográfico

Exposións fotográficas coincidindo co mes de novembro. A idea e potenciar a arte fotográfica de forma permanente. O ano de inicio desta actividade cultural foi o 2004.

Art Xove

Cada ano convócase unha Mostra destinada ao espallamento e potenciación das Artes Plásticas, para os máis xoves artistas (de 18 a 35 anos), naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, nas modalidades de pintura, fotografía e escultura.

Fotografía familiar

A recuperación de fotografía familiar na comarca Eumesa é un programa que leva a cabo o Concello desde a Concellería de Cultura, en colaboración cun grupo de profesionais, que, conxuntamente se encargarán da recopilación de fotografías e datos familiares, trballando en:

  • Recordos da vida familiar
  • Emigración
  • Traballos e oficios
  • Ocio, festas, romarías
  • Paixases, vila, escola, deporte, etc.
As persoas ceden voluntariamente para estes fins e proxecto o material para estudio e posterior exposición dibulgatiba das fotografías. Este fondo de fotografía familiar estará depositado (baixo soporte informático) na Biblioteca Municipal.

CQpro.com