Concello - Concellerías - Asuntos Sociais
 










Concellería de Benestar social e Sanidade

Ana María Maroño Seco
Enderezo.: Avd. do Peirao, s/n
Telf.: 981 433 288 , Fax.: 981 433 288
E-mail.:
Servizossociaispontedeume@yahoo.es


Prevención

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias do Concello de Pontedeume leva en funcionamento dende o ano 1991; está ubicado nos  Servizos Sociais do Concello de Pontedeume.

Este servizo depende da Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias, segundo Convenio de Cofinanzamento asinado co Concello de Pontedeume dende dito ano.

¿Que é o Programa de Prevención?

É un conxunto de estratexias e actividades planificadas que teñen como obxectivo preve-lo uso e abuso de drogas, así como reducir os danos asociados ó seu  posible consumo.

¿Que pretende?
  • Sensibilizar e movilizar á nosa comunidade para xerar unha cultura de rexeitamento ás drogas mediante o fomento dos propios valores e recursos
  • Informar e educar  á nosa cidadanía , en especial os nenos e aos mozos para o desenvolvemento de estilos de vida saudables , responsables e autónomos.

¿A quen vai dirixido?

Os destinatarios son a poboación en xeral da nosa Comunidade. Se desenvolven  programas preventivos  nos seguintes ámbitos:

  • Comunitario
  • Escolar
  • Xuvenil
  • Familiar

Ámbito Comunitario

Fomentase o traballo coa comunidade, promovendo a coordinación con diversos servizos municipais, asociacións, outros colectivos e posibles mediadores sociais.

  • Estrategia:
    • Planificación , coordinación e colaboración con diversas institucións e entidades comunitarias
    • Campañas de Información e sensibilización
    • Actividades puntuais demandadas pola nosa comunidade
  • Actuacións
    • Campañas Preventivas “E SE CHE TOCA A TI“, “En Breamo, Xoga  Limpo“
    • Xornadas
    • Formación Mediadores

Ámbito Escolar

Estes programas teñen como finalidade  básica dotar @s escolares de Educación Primaria das habilidades necesarias que lles permitan afrontar un resolver con eficacia  as diferentes presións sociais que influen directa ou indirectamente  no consumo de drogas, actuando tanto sobre os factores de protección como de risco.

  • Estratexias:
    • Asesoramento e apoio técnico ós Centros educativos
    • Posta en marcha de programas preventivos
    • Facilitacion de materiais didácticos de prevención
  • Actuacións:
    • Programa de Prevención do consumo de drogas no ámbito educativo ( materiais didácticos )
    • Programa de “ Cinensino “
    • Obradoiro socioeducativo “ Non é tan estrano “
    • Entraga das axendas escolares “ O segredo da Boa Vida “

Ámbito Xuvenil

Este programa incide directamente en idades consideradas de risco potencial no inicio do consumo de drogas; ten como finalidade  retrasar a idade de inicio e reducir o  seu consumo. A mayoría das actuacións se fan dentro dos centros educativos.

  • Estratexias:
    • Planificación, implantación e avaliacion de programas preventivos dirixidos a poboación adolescente-xuvenil e/ou idades en risco.

  • Actuacións:

    • Programa de Prevención do consumo de drogas no ámbito educativo (materiais didácticos)
    • Programa de prevención do consumo de alcohol e outras drogas na conducción de vehículos “Cambio de sentido”
    • Programa de prevención dirixido á mocidade con denuncias por consumo ou posesión de drogas en lugares públicos “Alternativa”
    • Espazo de ocio para adolescentes “Planet- Club”
    • Programa “Clases sen fume”
    • Programa “Cinensino”
    • Obradoiros socioeducativos
      • “Vai x diante”
      • + Convivencia –Violencia
      • “Non pasa nada, pasa algo?”
      • Educaión afectivo–Sexual
      • Foro sobre “Botellón Cívico”

Ámbito Familiar

As nosas propostas  no ámbito familiar teñen como obxectivo incrementa-la formación dos pais e nais na educación integral dos seus fillos, sensibilizandoos sobre o seu papel activo como axentes preventivos e promotores de comportamentos saudables.

  • Estratexias:
    • Información e orientación a familias
    • Campañas de información e sensibilización
    • Implantación de programas preventivos
  • Actuacións
    • Escolas de pais e nais
    • Grupos de traballo con Anpas
    • Campañas de información e sensibilizacion en prevención dende a familia
    • Espazo de asesoramento e orientación familiar

CQpro.com