Concello - Concellerías - Benestar social e Sanidade
 










Concellería de Benestar social e Sanidade


Novedades

PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO

Cara a establecer políticas que fomenten o benestar d@s nos@s maiores o concello de Pontedeume establece como políticas prioritarias de Benestar o impulso de accións encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida mediante a implementación de programas e recursos cuxo obxectivo é, entre outros, o de favorecer o incremento da súa autonomía persoal para demorar ao máximo os procesos de dependencia e mellorar a autoestima deste colectivo.

Dende o Concello estase a organizar un ano máis a clausura do Programa de Envellecemento Activo 2012/2013 (que conta coa colaboración da Excma. Deputación provincial da Coruña), que se desenvolve no Centro Municipal de Maiores ao longo do ano e que culmina cun encontro no que as persoas maiores comparten un tempo e un espazo”. Esta acción vai favorecer que as persoas maiores poidan participar, opinar e aportar experiencias cara a establecer un espazo no que conflúan diversión, conversas e hábitos saudables, durante os dias 24 e 25 no Hotel Fragas do Eume na Capela

Os obxectivos deste encontro son os seguintes:

• Ofertar unha alternativa de participación e relacións sociais.
• Procurar que o tempo libre das persoas maiores non sexa unicamente unha forma de matar o tempo, sino que adquira un sentido por sí mesmo.
• Salvagardar a súa utilidade, autonomía e dignidade mediante as actividades de animación propostas na presente actividade

Todas aquelas persoas interesadas nesta proposta poden inscribirse a partir do día 15 de abril ata o día 20 do mesmo mes no departamento de Benestar Social Municipal do concello de Pontedeume ou no Centro Municipal das Persoas Maiores. Disponse dun total de 25 prazas que serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello.


O CONCELLO DE PONTEDEUME PARTICIPA NO PROXECTO REDEXIANA2 PROMOVIDO POLA DEPUTACION DA CORUÑA E COFINANCIADO CON CARGO AO FONDO SOCIAL EUROPEO

O Concello de Pontedeume contribúe ao desenvolvemento do proxecto RedeXiana2, para o fomento do emprego na provincia.

A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co concello dePontedeume, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de A Capela As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Monfero e Vilarmaior.

A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.

O Concello de Pontedeume achega as súas instalacións municipais para a impartición de acción formativas de “ Conselleiro de seguridade “ e “ Montaxe e mantemento de bens de equipo e maquinaria industrial"

As persoas participantes formarán parte dos itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos cales poderán recibir a formación adecuada ás súas necesidades formativas e a orientación e titorización individualizda e de xeito permanente ao longo de todo o itinerario.

O obxectivo final consiste nunha maior profesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto RedeXiana2.

Folleto1

Folleto2


Campamento de Veran 2012

Dende a Concelleria de Benestar Social do Concello de Pontedeume estamos a organizar un ano máis as actividades campamentais dirixidas as nenas e nenos de tres a dezaseis anos. Estas propostas lúdico-formativas nacen como unha alternativa á necesidade de aunar xogo e diversión baixo obxectivos educativos e mediante unha metodoloxia de animación e participación activa

Trátase de achegar a tod@s @s participantes a un medio distinto ao que lles é habitual asi como a compartilo cun grupo de iguais traballando distintas áreas de coñecemento: medio ambiente, saúde, cultura, gastronomia, ocio e tempo libre. Tratase, en definitiva,de vivir a nosa Vila durante uns dias dun xeito distinto, de ir descubrindo novos "lugares", aproveitando seu potencial, vivindo a súa historia, coñecendo ás persoas,…..

O prazo para inscribirse nestas actividades dará comenzo o vindeiro día 1 de xuño ata o 20 de xuño poidendo informarse e recoller a documentación no departamento de Servizos Sociais deste Concello de 10:00 a 12:00 h. As prazas outorgaranse por rigurosa orde de inscrición.

DATOS:

• Campamento Municipal de Maiores na Rúa (Ourense) do 1 ao 8 de xullo. Nenas e nenos de 8 a 16 anos .
• Campamento Municipal de Pequenos en Terra Nova (Narón) os dias 23, 24 e 25 de xullo para nenas e nenos de 4 a 8 anos
• Campamento Urbano durante o mes de xullo e agosto. Nenas e nenos de 3 a 12 anos

PREINSCRICIÓNS CAMPAMENTOS

FICHA CAMPAMENTOS

Blog campamento

PROGRAMA DIRIXIDO Á REDUCIÓN DO ABANDONO ESCOLAR

A Concellería de Educación do Concello de Pontedeume apoiada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comezou no mes de maio unha serie de actuacións que buscan reducir, previr e intervir sobre o abandono escolar dos mozos/as do noso concello.. Estas actuacións van dirixidas, por un lado, aos rapaces/as que están actualmente escolarizados en terceiro e cuarto de educación secundaria e/ou programas de cualificación profesional inicial (PCPI ) nos centros da vila, presentando fracaso escolar, falta de motivación ou inicios de absentismo. Por outro lado, as medidas diríxense a mozos e mozas de entre 16 e 24 anos que abandonaron o sistema educativo sen acadar a titulación de graduado en educación secundaria obrigatoria ou superior.

A primeira actividade foi dirixida a apoiar aos mozos/as maiores de 17 anos a preparar as probas de acceso a Ciclos Medios, ofrecéndolles clases de apoio dende primeiros de maio ata o día anterior á celebración da proba.

Os requisitos para participar nesta actividade foron :
1. Estar matriculado para facer a proba de acceso a Ciclos Medios
2. Estar empadroado no Concello de Pontedeume e/ou estar matriculado nalgún dos centros escolares do devandito concello.

Actividades programadas para os meses de xuño, xullo e agosto :
1- ESO é o que queres ?
2- Técnicas de estudio
3- Medra : apoio ao itinerario académico e persoal

+ Información :
Departamento de benestar do concello sito na avda. do Peirao s/n Teléfono 981 433 288 servizossociaispontedeume@yahoo.es

Departamentos de orientación dos centros escolares de Pontedeume.


Pontedeume abre o prazo até o 8 de xuño para apuntarse ao proxecto "Tomando as rendas"

A iniciativa baséase nun curso sobre o fomento do autoemprego e a cultura emprendedora entre as mulleres de Pontedeume que teñen ao seu redor oportunidades empresariais pero non dispoñen do coñecemento, financiamento e decisión para pór en marcha as súas propias empresas.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) comezará o próximo 14 de xuño a iniciativa "Tomando as rendas", sobre o fomento do autoemprego e a cultura emprendedora entre as mulleres de zonas rurais que teñen ao seu redor oportunidades empresariais pero non dispoñen do coñecemento, financiamento e decisión para pór en marcha as súas propias empresas.

Tras realizar a sondaxe entre os 92 Concellos adheridos a Rede CeMIT, 38 mostraron o seu interese en participar na iniciativa, entre os cales se atopa Pontedeume. Así, o curso desenvolverase en Pontedeume o próximo 15 de xuño nas aulas da Rede CeMit entre as 10:00 e as 14:00 horas. A inscrición das usuarias no proxecto realizarase nas oficinas da rede CEMIT situada no edificio de Foremdes ata o próximo 10 de xuño.

Este proxecto contempla varias fases que as mulleres eumesas que se apunten poderán desenvolver. O primeiro consistirá na motivación ao sector emprendedor e a maduración de ideas empresariais por parte das usuarias.

Esta fase terá charlas presenciais impartidas a través do sistema de videoconferencia da Rede CeMIT (4 horas, aprox.), que teñen o obxectivo de achegar a realidade do mundo da empresa ás usuarias, e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, destacando a importancia de elaborar un plan de viabilidade e dando a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores galegos. A segunda fase basearase na capacitación dixital básica e ofimática a nivel usuario.

Non menos importante será a formación do "Plan de Empresa", a través de 5 talleres en modalidade online que se pon a disposición das usuarias na plataforma do proxecto (http://www.tomandolasriendas.es/). Esta modalidade formativa posibilitará ás usuarias levar un ritmo de aprendizaxe personalizada en todos os ámbitos empresariais necesarios para a posta en marcha dun negocio. Ademais, a formación do "Plan de Empresa" estará complementada por un programa de apoio, acompañamento e asesoramento dunha Rede de Asesoras especializadas na materia.

+ información :
Oficina da Rede CeMit , Edfo Foremdes Concello de Pontedeume
Tfnos.: 981 433 054 / 607 537 599


Relatos Breves pola Igualdade

Gañadora do IV certamé de Relatos Breves pola Igualdade

Páginas de un Diario Imcompleto


ESTE VERÁN SALVA VIDAS. O TEU SANGUE É VIDA COMPÁRTEA

Concello de Pontedeume e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación das veciñas e veciños na doazón de sangue

O Concello de Pontedeume e o Centro de Transfusión de Galicia ( CTG ), impulsan unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación das veciñas e veciños nas campañas de doazón de sangue, e deste xeito garantir o correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van a precisar ó redor de 40.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades. No verán do pasado ano 2010 a campaña informátiva sobre doazón permitiu acadar 29.807 doazóns nos meses de xullo a setembro.

As persoas que desexen participar poden acudir á unidade móbil do CTG a :

PONTEDEUME
Unidade móbil na alameda de Raxoi
MARTES 2 e MÉRCORES 3 de AGOSTODO 2011
De 10.00 ás 14.00 e de 16.00 ás 21.00 horas

Mediante esta iniciativa, que se está a desenvolver este verán en máis de 200 Concellos, preténdese mellorar a información sobre este acto altruísta. Nas xornadas previas á visita da unidade móbil do CTG, o Concello de Pontedeume remitirá os seus veciños e veciñas unha tarxeta informativa, na que se fará un chamamento a súa participación.

O Concello de Pontedeume e o CTG amosan o seu agradecemento a toda a vecindade que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitas persoas enfermas recuperen a súa saúde. O pasado ano 2010 a campaña informátiva sobre doazón permitiu acadar 29.807 doazóns nos meses de xullo a setembro, concretamente no noso Concello 496 doazóns o que nos permitiu superar o índice de doazón de sangue recomendado pola Organización Mundial da Saúde. O noso obxectivo é manter este nivel de participación para que o noso Concello sexa un dos máis solidarios de Galicia.


Aberto o prazo solicitude de praza EIM "Chalé_Rosa"

O prazo de presentación de solicitudes dende o 2 ó 31 de maio de 2011

Máis información no departamento de Servicios Sociais

Solicitude


CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE IGUALDADE: CRECENDO EN IGUALDADE

Coincidindo coa conmemoración no mes de marzo do Día Internacional da Muller a Concellaría de Servizos Sociais deste Concello ten deseñado un programa de actividades cuxo obxectivo xeral responde á seguinte máxima: Promover a participación activa das mulleres de Pontedeume na vida pública e no espazo social, recordando a toda a sociedade que a Igualdade entre mulleres e homes non só debe ser acadada a nivel LEGAL tamén ten que ser REAL,abonda unha simple ollada á realidade máis próxima, para descubrir que a discriminación por razón de xénero segue vixente na práctica cotiá. <

Baixo o lema CRECENDO EN IGUALDADE as actividades previstas son:

IX PREMIO PONTEDEUME EN FEMININO
Data: 11/03/2011
Lugar:Casa da Cultura
Horario:20:00h.

TEATRO
Obra:A vida de Rosa, día tras día
Compañía: Mariclow
Data: 18/03/2011
Lugar:Casa da Cultura
Horario: 1ª función ás 12:00 h.
2ª función ás 19:30 h.

CINE-FORUM
"AGORA": 25/03/2011
"LA DUQUESA" : 1/04/2011
Lugar: Casa da Cultura
Horario: 19:30 h.

MOCIDADE POLA IGUALDADE XUNT@S PODEMOS
Datas: 19, 26 de marzo e 2 de abril
Lugar: Espazo de Ocio alternativo Planet
Horario: 19:00 a 21:00 h.

OBRADOIRO DE SAUDE
TÍTULO: MULLER ACTIVIDADES PREVENTIVAS
Data: 29/03/2011
Horario: de 16:00 a 20:00 h.
Inscricións :Do 15 ao 28 nos Servizos Sociais Municipais

OBRADOIROS DE LOITA CONTRA OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO: cocina para homes e defensa persoal para mulleres Dirixido as AMPAS dos centros escolares

IV CONCURSO DE RELATOS BREVES POLA IGUALDADE
Aberto o prazo de presentación dende o día 21 de marzo ata o día 15 de setembro

ORGANIZA CONCELLO DE PONTEDEUME Concellería de Servizos Sociais


ACTIVIDADES NADAL

Dende a Concelleria de servizos sociais do Concello de Pontedeume tense un organizado un amplo programa de actividades. Este vai dirixido aos distintos colectivos de poboación có obxectivo xeral de fomentar a súa participación mediante a dinamización social dos mesmos.

Para o colectivo d@s maiores este programa comenzou a finais do mes de novembro coa realización dun taller de arranxos florais para o Nadal, coa realización dunha viaxe e a comida intermunicipal de maiores . O Coro do Centro Municipal actuará tamen o vindeiro día 22 na Igrexa Parroquial da Vila. O vindeiro día 29 de decembro A Coral Polifónica Eumesa e o Coro do Centro ofrecerán un concerto de Panxoliñas no dito centro a partir das 19:00 h.

Os máis pequenos quedan convidados a participar na Festa Infantil de Nadal que terá lugar o vindeiro día 29 de decembro de 16:00 a 20:00 h. no pavillón do IES Breamo, onde poderán disfrutar de xogos, castelos inchables,etc.

Como xa é tradicional o vindeiro día 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente chegaran a Pontedeume nun desfile que percorrera as rúas , recibindo a todas as nenas e nenos a partir das 19:00 h. na Praza do Conde, nesta actividade contase coa colaboura de moitas e moitos voluntarios así como de distintas entidades municipais: asociacións veciñais, culturais…

Voltará a estar en funcionamento a actividade "Argalladas de Nadal"de conciliación da vida persoal e laboral, destiñada a aqueles nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos cuias familias requiran deste servizo.

Para a mocidade eumesa o programa "Ponte en marcha" que con obradoiros sobre sexualidade, cine de terror, cociña, peesca con cana…encherá de contido as tardes do Nadal.

Para máis información todas as persoas interesadas poderán dirixirse ao departamento de servizos sociais municipais sito na avenida do Peirao no edificio do Xulgado


CABALGATA DE REIS 2011

Dende a Concelleria de Servizos Sociais do Concello de Pontedeume estase a organizar a tradicional Cabalgata de Reis que terá lugar o vindeiro día 5 de xaneiro do 2011, có obxecto de favorecer a participación e dinamización de toda a comunidade eumesa nesta actividade facemos o seguinte chamamento:

Convidamos a tod@s @s interesad@s en participar na CABALGATA DE REIS 2011 a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro día 18 ás 11:30 h no Centro Municipal de Maiores


QUE É?

Este é un programa anual que realiza o Concello de Pontedeume para acoller en familias eumesas a nenas e nenos saharauis durante os meses de verán.

EN QUE CONSISTE?

  1. A campaña comenza no segundo trimestre do ano, a familia interesada pode informarse telefónica ou presencialmente no Departamento de Servizos Sociais municipais, solicitando a súa inclusión no programa.
  2. Dende este departamento os citan para unha entrevista de idoneidad, posteriormente, informase as familias se son ou non seleccionadas para o acollemento das nenas e nenos.
  3. Este departamento municipal xunto coa ASOCIACIÓN DE SOLIDARIDADE GALEGA CÓ POBO SAHARAUI convocará as familias seleccionadas a unha reunión previa onde se lles informará da situación saharaui, normas básicas de comportamento coas nenas e nenos e outra información do seu interese.
  4. Informarase ás familias do día e lugar onde proceda á entrega das nenas e nenos.
  5. Durante a estancia destes establecese un sistema de seguemento por parte do Concello de Pontedeume, para asegurar que o programa se desarrolle nas mellores condicións.
  6. O Concello de Pontedeume costea a viaxe e os seguros de responsabilidade civil. Existe un convenio có centro de saúde  da vila para a revisión pediátrica das nenas e nenos. A manutención e outros gastos derivados da súa estancia corren a cargo das familias de acollida.

 

PARA MAIS INFORMACIÓN:

Contactar có Departamento de Servizos Sociais
Av/ do Peirao, Edif.. do xulgado S/N
15600 –Pontedeume A Coruña
Télefono: 981-433288
E-mail: servizossociaispontedeume@yahoo.es
De luns a venres de 8:00 a 15:00 h. ata o vindeiro 29 de novembro


Preescolar na casa -Educar en familia.

Dende a Concellaria de Servizos Sociais do Concello de Popntedeume queremos informarvos de presentación `para o curso 2010 2011 do programa

¿Qué é “Preescolar na casa “?

“Preescolar na Casa” é un programa de formación de pais totalmente gratuito sobre a Educación Infantil, no que os profesionais da educación traballamos xunto coas familias que teñen nenos de 0 a 6 anos.

¿Qué obxectivos ten “Preescolar na Casa”?

-Que os pais sexan auténticos protagonistas á hora de mellora-la educación dos seus fillos con métodos sinxelos. -Que os nenos desenvolvan as súas capacidades no medio familiar durante os primeiros anos da súa vida. -Que pais e fillos manteñan contacto con outros nenos e adultos.
Para isto “Preescolar na casa” fai reunións quincenais nas que se propoñen actividades moi prácticas propias da vida cotiá, nas que participan os pais cos seus fillos xunto coa mestra-orientadora; e nas que tamén trátanse cuestións básicas sobre hábitos dos nenos: a alimentación, o sono, a hixiene, etc, apoiadas por diversos medios educativos.
Para informar a tódalas familias máis polo miudo de cales son os obxectivos e as actividades que se desenvolven, vanse celebrar duas xuntanzas:
Lugar : Centro Municipal de Maiores
Data : 23 de setembro de 2010 ás 16:00 horas
Lugar : Ceip Boebre
Data : 27 de setembro as 16:00 horas

Para máis información :
Tfnos 619853576 ( Luisa García -Orientadora )
Tfno 981433288 ( Marián Castro - Servizos Sociais)


Viaxe á Festa Gastrónomica do Grove

Organizado dende a Concellería de Servizos Sociais o vindeiro día 10 de outubro realizarase unha viaxe a festa grastronómica que se celebra no Grove, tod@s @s interesad@s poden inscribirse no Centro Municipal de Maiores en horario de mañá de 10:00 a 12:00 h.


RUEIR@S TV- CAMPAMENTO URBANO MUNICIPAL
CONCELLO DE PONTEDEUME

Despois do éxito acadado polo Campamento urbano "Rueiros 2009", O Concello de Pontedeume volve a apostar por unha nova edición. Neste caso a proposta que se presenta sigue na liña de ver a nosa vila como un recurso educativo máis no que os rapaces e rapazas interactúen con todo no que nela se vive.

Na presente edición centraremos o noso traballo nas novas tecnoloxias, así crearemos o noso propio "canal televisivo" e a través dunha desta actividade municipal se pretende convertirse nunha oferta lúdica, educativa e cercana destiñada ao entretemento das nenas e nenos entre 3 e 12 anos durante o mes de agosto.

Datas de inscrición: Do 16 ao 28 de xullo

Prezo: 55 €

Para máis información achegarse ao Departamento de Servizos Sociais Municiapis Av/ do Peirao , Edif. do Xulgado S/N 15600 Pontedeume

Ficha De Inscripción Rueiro


III CONCURSO DE RELATOS BREVES POLA IGUALDADE

Queda aberto o prazo da 3ª edición do Concurso de Relatos Breves pola Igualdade .Tod@s @s interesados en participar poden consultar as bases

Bases


DEPORTE E IGUALDADE

06-06-2010

O Concello de Pontedeume, seguindo na liña de traballo asumida dende hai tempo para que a incorporación da muller en todas as áreas da vida pública sexa REAL e EFECTIVA, pon en marcha a segunda edición do Día do Deporte na rúa en prol da Igualdade de xénero, que baixo o título “Deporte e Igualdade” ten como obxectivo promover a desaparición de actitudes sexistas e fomentar a convivencia e a percepción da Igualdade entre as mulleres e os homes na práctica do deporte.

Partindo do valor que ten o deporte como estratexia de educación en valores e factor de integración social ,cremos firmemente que ten que se converter nun espazo de ruptura cós estereotipos sexistas que limitan a participación feminina en calquera das súas áreas.

HORARIO: de 12:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 h..
CIRCUITO:
XARDINS DE LOMBARDERO:

  • Xincana ciclista (Colabora Clube Pena Leboreira)

SOPORTAIS DO MERCADO:

  • Ping-pong
  • Esgrima
  • Cama elástica

DIANTE DA PRAZA DO MERCADO:

  • Rocodromo –Faro
  • Aerobic
  • Bufalo
  • Camas elasticas

DIANTE DO PILÓN

  • Carpa de reopción e información
  • Hinchable para nenas e nenos pequen@s

TORREÓN

  • Rocodromo de parede
  • Tiro con Arco

PRAZA DO CONDE:

  • Xogos xigantes de solo: conecta 4, tres en raia, as damas

RÚA COUCEIRO FREIXOMIL

  • Xogo de xadrez

PORTO

  • Futbol 3x3
  • Circuito de Educación Vial
  • Mini-Baloncesto
  • Circuito de Trikets: 18x12
  • Pista Americana
  • Piragüismo.
  • Balonmán

En caso de choiva a actividade aplazarase ata novo aviso
Repartiranse 150 mochilas e 350 camisetas entre as e os participantes  primeiros que completen o itinerario según as características propias da súa idade.

ORGANIZA:
Concello de Pontedeume


ÁREA MAIORES

O vindeiro venres 11 de xuño realizarase unha visita cultural a Santiago de Compostela (Visita ás Cubertas da Catedral) con xantar en Padrón. Nesta actividade de dinamización do colectivo de maiores poderán participar todas as persoas interesadas. Información e inscricións no Centro Municipal de Maiores todos os días de 10:00 a 12:00 h. ou no Departamento de Servizos Sociais.


AREA DE IGUALDADE

Está aberto o prazo ata o 11 de xuño para a solicitude de estadias de Tempo Libre para mulleres soas con cargas familiares non compartidas. Información e Inscricións no Departamento de Servizos Sociais.

Baixar Pdf


CAMPAMENTOS DE VERÁN 2010

PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Poderán Solicitar a súa participación nesta actividade as mozas e mozos, cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, que teñan a idade comprendida nos rangos que se indica en cada unha das quendas e que non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade. Tendo prioridade:

  • As pèrsoas que non participaran en anos anteriores.
  • As persoas con autonomia persoal para as actividades da vida diaria para a participación nas quendas de integración e aquelas persoas con maior necesidade de apoio nas quendas especificas.

Solicitudes:

Os impresos poden recollerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Pontedeume asi como nos Servizos de Dependencia e Autonomia Persoal e Servizos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais, asi como na seguinte páxina Web:

Xunta de Galicia

O Prazo de solicitude remata o vindeiro día 20 de maio. Máis información, chamando de forma gratuita ao 900333666 ou dirixindose ao Departamento Municipal de servizos Sociais sito na Av/ do Peirao S/N 15600 Pontedeume (A Coruña), 981-433288


COMUNICACIÓN DE APERTURA DO PRAZO DE NOVAS SOLICITUDES PARA O CURSO 2010-2011 NA ESCOLA INFANTIL CHALÉ ROSA

Dende o 1 ao 31 de maio queda aberto o prazo para a solicitude de novas prazas

Bajar Pdf


BENEFICIOS QUE APORTA O CERTIFICADO DE MINUSVALÍA OU/E INCAPACIDADE LABORAL

O vindeiro día 27 de maio ás 18:00 h. no Centro Municipal de Maiores realizarase unha charla sobre dito tema organizada conjuntamente polo Concello de Pontedeume e COGAMI ( Confederación Galega de Minusválidos).


PROGRAMA DE VACACIÓNS EN PAZ 2010-ACOLLEMENTO A MENORES SAHARAUIS

Que é?

Este é un programa anual que realiza o Concello de Pontedeume para acoller en familias eumesas a nenas e nenos saharauis durante os meses de verán.

En que consiste?

  • A campaña comenza no segundo trimestre do ano, a familia interesada pode informarse telefónica ou presencialmente no Departamento de Servizos Sociais municipais, solicitando a súa inclusión no programa.
  • Dende este departamento os citan para unha entrevista de idoneidad, posteriormente, informase as familias se son ou non seleccionadas para o acollemento das nenas e nenos.
  • Este departamento municipal xunto coa ASOCIACIÓN DE SOLIDARIDADE GALEGA CÓ POBO SAHARAUI convocará as familias seleccionadas a unha reunión previa onde se lles informará da situación saharaui, normas básicas de comportamento coas nenas e nenos e outra información do seu interese.
  • Informarase ás familias do día e lugar onde proceda á entrega das nenas e nenos.
  • Durante a estancia destes establecese un sistema de seguemento por parte do Concello de Pontedeume, para asegurar que o programa se desarrolle nas mellores condicións.
  • O Concello de Pontedeume costea a viaxe e os seguros de responsabilidade civil. Existe un convenio có centro de saúde da vila para a revisión pediátrica das nenas e nenos. A manutención e outros gastos derivados da súa estancia corren a cargo das familias de acollida.

PARA MAIS INFORMACIÓN:

Contactar có Departamento de Servizos Sociais
Av/ do Peirao, Edif.. do xulgado S/N
15600 –Pontedeume A Coruña
Télefono: 981-433288
E-mail: servizossociaispontedeume@yahoo.es
De luns a venres de 8:00 a 15:00 h.


AREA DE IGUALDADE MUNICIPAL MOSTRA: ELAS ENSINAN

Esta mostra do Servizo Galego de Igualdade pode visitarse entre o 16 e o 30 de abril no Centro Municipal de Maiores. Nela recollense as historias de vida de dezaoito mestras galegas que compartiron o interese pola educación das xeracións máis novas, as que serviron de modelo profesional e vital.

Bajar Pdf


Cursos de Formación : Rede Xiana

O Concello de Pontedeume foi seleccionado como sede dunha das Acccións Formativas 2010 do Proxecto Rede Xiana (Rede para a Xestión Integral, Accesibilidade , Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego )

Este proxecto ( Coordenado pola Deputacion de A coruña ) ten como obxectivo principal a implementación dun programa de fomento de emprego para municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña a través dunha rede de traballo técnico , político e , económico e social que traballe por un emprego de calidade, estable, eguro e con dereitos; As persoas beneficiaraia son desempregadas coas maiores taxas de desemprego:

  • Mozos/as menores de 25 anos
  • Mulleres
  • Maiores de 45 anos
  • Desempregadoas/dos de longa duración
  • Persoas en risco de exclusióin social

Os distintos Concellos que participan no proxecto, agrúpanse en 13 zonas de actuación.En cada unha das zonas desenvolveranse distuintas accións formativas nas que calquera persoa que cumpra os requisitos e que esté empadroada nalgún dos Concellos que forman parte dunha zona poderán inscribirse .

Comunícase a todas as persoas interesadas que está aberto o prazo de inscripción ata o 30 de abril para participar no proceso de selección das accións formativas do proxecto Rede Xiana na anualidade do 2010 ; poderán recoller a folla de inscripción e máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello .

Dende alí levaranse a cabo a recollida de documentación e tramitación das solicitudes

Máis información


PROXECTO DE REALIZACION DO II PLENO MUNICIPAL INFANTIL NO CONCELLO DE PONTEDEUME

1.- FUNDAMENTACION:

A Concellería de Servizos Sociais deste Concello e conscente de que a participación democrática é unha actitude básica para a creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Como administración máis próxima aos cidadáns xogamos un importante papel na planificación, organización e, posta en marcha, de accións encamiñadas a favorecer dita participación. A esta máxima responde a presente proposta didáctica ofertada a todos os centros escolares de ensino de primaria da Vila a realización do II Pleno Infantil Concello de Pontedeume.

Este proxecto está incluido dentro do Programa marco de Educación en Valores e responde a necesidade de potenciar ditas actitudes de participación democrática entre as nenas e os nenos asi como dar a coñecer como funciona o Concello e, polo tanto, entender tamén as cousas que acontecen no seu entorno máis próximo.

A pasada edición realizouse o I Pleno Infantil como unha experiencia piloto en canto a metodoloxia de traballo e aos medios utilizados, experiencia que có tempo imos ir matizando para darlle un carácter estable á actividade.

2.- OBXECTIVOS:

Esta interveción vai responder aos seguintes obxectivos xerais:

- Coñecer mellor a función e as actividades que leva acabo o Concello de Pontedeume, peza clave da vida local.

-lPotenciar entre o alumnado de 6º deprimaria hábitos e actitudes de participación activa e democrática.

-Favorecer a creación dun espazo de debate e reflzexión .

3.- ESTRUCTURA DE FUNCIONAMENTO:

A actividade vai dirixida a todos os centros escolares de primaria da Vila e nela poderán participar o alumnado de 6º da EPO. Dous representantes de cada centro escenificarán o Pleno Municipal dando lectura a exposición de problemas sociais que preocupan aos nen@s e as posibles solucións que eles aportarían, en un segundo turno de intervención as preguntas que lle farian ao goberno municipal ao respecto das súas inquedanzas. Este último punto deberá rexistrarse no Concello, tal e como se fai na realidade con tres dias de antelación ao pleno, para que o goberno poida informar e dar resposta sobre o traballo que se fai a nivel municipal neses ámbitos. As intervencións non excederán en ningun momento e para cada unha dos quince minutos. Dita actividade terá lugar o vindeiro venres día 22 ás 11:00 h. no Salón de Actos do Centro Municipal de Maiores. Esperamos que resulte do voso interese sendo a persoa de contacto ante calqueira dubida a Animadora Socio-Comunitaria do Departamento de Servizos Sociais Jovita Ayerbe (Télf.:981-433288) .


Cabalgata de Reis 2010

Dende a concelleria de Servicios Sociais do Concello de Pontedeume estase a organizar a tradicional Calbalgata de Reis que terá lugar o vindeiro día 5 de xaneiro, có obxecto de favorecer a participación e dinamización de toda a comunidade eumesa nesta actividade facemos o seguinte chamamento:

Convidamos a todos os interesados en participar na CABALGATA DE REIS 2010 a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro día 19 ás 11:30 h no Centro Municipal de Maiores.


Termalismo Social do Imserso

Aberto o prazo de solicitude para o programa de termalismo social do imserso.

Prazo de presentación da solicitude:

- Para os meses de febreiro ata agosto o día limite é o 15 de xaneiro.

- Para os meses de setembro ata decembro o día limite é o 17 de maio

Descargar Folleto


Día Internacional de Loita Contra a Violencia de Xenero

25 DE NOVEMBRO DE 2009-11-19

Dende o Programa de Intervención Social na Área da Muller dos Servizos Sociais Municipais   e dentro das liñas de actuación especificadas no I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Pontedeume, propuxémonos varios obxectivos a acadar.  Concretamente, dentro do capítulo adicado a prevención  e tratamento da violencia de xénero é prioritario eliminar  calquera forma de violencia cara ás mulleres así como o uso da mesma como vía para a resolución dos conflitos.

Con esta finalidade  e coincidindo có 25 de novembro Día Internacional de Loita contra a Violencia ás Mulleres xurde esta Campaña de sensibilización  dirixida a todas e  todos que baixo o lema “Que o medo non che impida ver outro futuro” consistirá na implementación das seguintes accións:

12:00 H. Lectura Pública do Manifesto Institucional de Loita contra a Violencia de Xénero na Praza Real

12:30 H. Entrega do II Premio do Concurso de Relatos breves pola Igualdade no Salón de Actos do Centro Municipal de Maiores.

19:00 Inauguración da Exposición Mulleres de Vida Alegre.

Mesa redonda: A PROSTITUCION FEMININA, UNHA FORMA DE VIOLENCIA DE XENERO no Centro Municipal de Maiores

O noso obxectivo é o de implicar a todos e cada un dos membros da sociedade eumesa nesta loita contra a violencia ás mulleres non soamente  hoxe 25 de novembro,  senón os 365 días do ano mentres haxa unha muller que sofre .

PONTEDEUME 19 DE NOVEMBRO DE 2009
A CONCELLEIRA DELEGADA DE SERVIZOS SOCIAIS
Decreto 796 de 03/08/2009

Asdo.: Eva María Carballeira Pérez


Colectivos en risco de exclusión da Transición a TDT

O Concello de Pontedeume está colaborando coa Secretaría Xeral de Comunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio na divulgación da información das axudas previstas para colectivos en risco de exclusión que residan en municipios afectados pola Fase I ou a Fase II do Plan Nacional de Transición a TDT.

Dadas as características dos colectivos que se poden beneficiar desta iniciativa, e que os equipos entréganse actualmente na Xefatura Provincial con sede na cidade da Coruña, a Concellería de Novas Tecnoloxías tramitará as solicitudes e, en representación dos solicitantes, recollerá os equipos para a súa distribución.

Dende aquí pódense descargar os requisitos, a documentación necesaria e os impresos para solicitar o equipo sintonizador de TDT.

Data límite para a presentación de solicitudes: 23 de decembro de 2009

Requisitos e documentación

Autorización TDT

Solicitude TDT


Conmemoración do día Internacional de Loita Contraa Violencia de Xenero

Baixo o lema “Que o medo non che impida ver outro futuro” o Concello de Pontedeume, un ano máis, presenta a Campaña de sensibilización social  entorno ao día 25 de novembro.

Somos conscentes da grande complexidade desta problemática e, polo tanto, da complexidade que requiren as súas solucións, que pasan pola adopción e aplicación de todo un conxunto de medidas xudiciais, sociais, sanitarias e policiais cara a lograr a súa erradicación. Pero tamén, somos conscentes como administración máis próxima ao cidadán que temos a obriga de favorecer mediante distintas estratexias a loita contra a violencia ás mulleres

Nesta Campaña do 2009, ademáis da campaña publicitaria levaranse a cabo distintos actos para traballar a sensibilización da poboación en xeral sobre a necesidade   de que axa un cambio de mentalidade e de relacións entre ambos xéneros.

O día 25 de novembro levarase a cabo nun acto institucional a Lectura do manifesto contra a violencia hacia ás mulleres ás 12:00 h. na Praza Real. De seguido ás 12:30 h. farase entrega do Premio do II Concurso de Relatos Breves pola Igualdade( lugar a concretar).

Realizaranse tres obradoiros dos que @s interesad@s poden informarse e incribirse no departamento de Servizos Sociais:

  • Consumo responsable o 22 de outubro de 10:00 a 14:00 h.
  • Corresponsabilidade para homes o 24 e 31 de outubro de 10:00 a 13:00 h
  • Autoestima e autovaloración os días 2,3 e 4 de novembro de 10:00 a 12:00 h.

Duas charlas dirixidas á poboación en xeral que terán lugar no Centro Municipal de Maiores:

  • A Historia non contada das mulleres  o día 6 de novembro ás 19:00 h.
  • Violencia de xénero o día 20 de novembro  ás 19:00 h.

Está previsto trasladar a exposición “Pontedeume plantalle cara aos malos tratos” aos dous centros de educación secundaria desta Vila.

Quedan pendentes de concretar datas e horarios de duas actividades máis das que informarase en breve.


Enquisa igualdade para a población eumesa

Este cuestionario ten por obxecto recoller a maior cantidade de información posible da poboación eumesa tanto do núcleo urbano como das parroquias, para asi poder identificar as principias áreas de necesidade de cara a establecer unha relación de prioridades e, por outro lado, recoller a súa opinión sobre a situación de igualdade de mulleres e homes e as posibles actuacións. Descargar Enquisa

Se queren cubrilo electronicamente reenvienlo ao seguinte email:
igualdadpontedeume@gmail.com

Senón pódese deixar no edificio de asuntos sociais
Concello de Pontedeume
Av/ Coruña nº 11 5ºA 15600-Pontedeume 981-433288; 981-433911; 609-730090

Proxecto Medra

Mañá terá lugar na Casa da Xuventude de Pontedeume o inicio do proxecto Medra, iniciativa do Concello de Pontedeume que vai dirixida ás rapazas e ós rapaces eumeses de entre 16 e 21 anos que se atopen fóra do itinerario escolar e que todavía non se incorporaran ao ámbito laboral e que pretende ofrecer á xuventude de Pontedeume un espacio onde desenvolver coñecementos, destrezas e habilidades que os preparen de cara á vida adulta, previndo posibles situacións de risco social.

Os obxectivos que se pretenden acadar coa realización deste proxecto son: proporcionar un espazo de interacción para os rapaces e rapazas, desenvolver a capacidade crítica, favorecer o autocoñecemento, proporcionar orientación educativa e laboral así como desenvolver habilidades e coñecementos necesarios para a incorporación á vida adulta.

DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA

O programa comezará o 15 de abril do 2009, tendo unha duración de dous meses, e levarase a cabo na Casa da Xuventude os luns, mércores e venres dende as dez da mañá ata a unha da tarde. Os contidos que se desenvolverán estarán divididos por bloques do seguinte xeito, podendo modificarse en funcións das necesidades e intereses do alumnado:

1º BLOQUE : Eu, xoven

- Coñécete: traballarase o autocoñecemento e a autoestima a través de exercicios tanto individuais como grupais de reflexión e debate onde descubrirán as súas habilidades, fortalezas, debilidades, gustos, aptitudes, valores...

- Onde informarnos os/as xóvenes?: ofreceráselle a oportunidade de descubrir onde atopar información acerca das opcións e posibilidades para disfrutar do seu tempo libre, realizar cursos, buscar aluguer de pisos, resolver dúbidas sobre sexualidade, drogas... como por exemplo as OMIX, a Dirección Xeral de Xuventude, Quérote, os centros de información das Universidades, as oficinas de emprego, direccións en internet. Para isto traeremos folletos informativos e navegaremos por internet, achegándonos deste modo tamén ás novas tecnoloxías.

2º BLOQUE: orientación escolar e laboral

- Por onde seguir? orientación escolar: ofreceráselles información e resolveránselle as dúbidas existentes co fin de facilitar a toma de decisións sobre cara onde orientar o seu futuro, mostrando as vantaxes de continuar a súa formación dentro do sistema educativo formal. Así trataranse temas coma os itinerarios escolares, o graduado escolar, os ciclos de Formación Profesional, as diferentes carreiras universitarias, os traballos máis demandados...

- Orientación profesional: adestraranse de forma práctica as habilidades para a busca e consecución de emprego: revisión das fontes de emprego, e técnicas de busca activa (elaboración do currículo, carta de presentación, cómo realizar unha entrevista de traballo, etc)

3º BLOQUE: cara a independencia!!

- preparación para a realización das tarefas habituais na vida adulta: xestión de orzamento propio, xestión do tempo, listas de tarefas, actitudes de consumo responsable, responsabilidades nas tarefas da casa...

- tarefas administrativas: uso correcto de documentos, como cubrir impresos e/ou formularios, a declaración da renta, o aluguer de vivendas...

Os últimos 45 minutos de cada día realizaranse actividades que teñen por obxectivo desenvolvemer a capacidade crítica dos rapaces/as: análise crítica da publicidade e os medios de comunicación, debates, traballos grupais, xogos de rol, dossieres de prensa... sobre temas políticos e sociais de actualidade ou temas máis persoais importantes na vida dos/das xóvenes (orientación sexual, a discriminación...).

O primeiro mes, neses últimos 45 minutos crearase un blog entre todos/as onde cada un/unha poida “colgar” información que lle pareza interesante para o resto do alumnado, opinións sobre os temas tratados ou dúbidas a resolver.

Como indican dende a Concellería de Servicios Sociais, “a transición á idade adulta é algo que comeza moito antes de chegar a ser maior. Constantemente rapaces e rapazas atópanse con esixencias maiores e moitas veces contradictorias co seu nivel de madurez. É por isto polo que ese paso entre etapas tan diferenes ten que darse de xeito progresivo e cunha especial atención nas actitudes e aspectos da personalidade básicos para un bo desenvolvemento e autonomía. Por isto, o feito de desenvolver coñecementos, destrezas e habilidades básicas para a vida real, fará que teñamos máis confianza en nós mesmos e esteamos máis preparados/as para novas situacións.”

CQpro.com