Concellería de Benestar social e Sanidade
|
 |
Ana María Maroño Seco
Enderezo.: Avd. do Peirao, s/n
Telf.: 981 433 288 , Fax.: 981 433 288
E-mail.: Servizossociaispontedeume@yahoo.es |
Información Xeral
- Horario de atención ó público: de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h
- Traballadoras sociais: previa cita, luns martes e xoves de 9:00 a 13:00h
- Equipo de profesionais que integran o equipo de servizos sociais:
- Coordinadora do Departamento (traballadora social)
- Traballadora social
- Educadora social
- Sícóloga
- Animadora socio-comunitaria
- Auxiliar administrativo
- Avogada para o asesoramento xurídico á muller
- 8 traballadoras de axuda a domicilio
Definición e Características
Os Servizos Sociais de Atención Primaria son o primeiro nivel do sistema público de Servizos Sociais. Atenden os cidadáns de forma personalizada e axudan a solucionar todo tipo de necesidades, tanto personais como familiares, e tamén as de alcance comunitario.
Se concretan na aplicación dun conxunto de actuacións e recursos dirixidos a promover a integración e previr a marxinación daquelas persoas, familias e colectivos que se encontran nunha situación de desventaxa social.
Características:
- Os Servizos Sociais de Atención Primaria son universais, para todos e todos teñen dereito a eles. Sen embargo, téndese a priorizar nos colectivos mais desfavorecidos.
- Constitúen o acceso a outros servizos especializados do propio sistema e, no seu caso, a outros sistemas.
- Pretenden actuar sobre as causas e orixe dos problemas.
- Están próximos á poboación e ó medio onde se producen as necesidades.
- Consideran imprescindible a participación dos cidadáns na resolución dos seus problemas.
- Son servizos globales e polivalentes.
- Están orientados ó desarrollo do benestar social e á mellora da calidade de vida.
Están insertos no sistema xeral dos Servizos Sociais. Préstanse desde as Corporacións Locais, no noso caso desde o Concello de Pontedeume, por ser a administración local máis cercana ao cidadán. |