Concello - Concellerías - Asuntos Sociais
 










Concellería de Benestar social e Sanidade

Ana María Maroño Seco
Enderezo.: Avd. do Peirao, s/n
Telf.: 981 433 288 , Fax.: 981 433 288
E-mail.:
Servizossociaispontedeume@yahoo.es


Educación Familiar

O Programa de Educación Familiar consiste no traballo, por parte de persoal especializado, con familias nas que se detectan carencias competenciais nas súas funcións parentais, como consecuencia da perda de referentes estables e das funcións que tiña asignadas, sendo o fin último desta intervención a integración social e a mellora da calidade de vida das familias.

Tódalas actuacións se realizan a partir da vida cotidiana do grupo familiar e no seu espacio de convivencia, no seu marco natural de actuación, é decir, no seu fogar, xa que é aquí onde as conductas desadaptadas se crean e se manteñen.

Obxectivos:

  • Consegui-la implicación e participación das familias no seu proceso educativo, de xeito que os logros conseguidos se incorporen nas súas dinámicas familiares permitindo optimizar e/ou positiviza-lo seu proceso de socialización.
  • Proporcionar ás familias os recursos necesarios para que sexan “competentes”, é decir, que por sí mesmas poidan desempeñar as funcións que lle son propias.
  • Prevenir a cronificación dos problemas que presentan as familias en contextos de carencia aportando alternativas positivas.
  • Integrar ós membros da familia na súa comunidade de referencia, ensinándolles a utiliza-los recursos e medios que ésta lles ofrece.
  • Posibilitar a intervención profesional individualizada coas familias con menores ao seu cargo, persoas con dependencia, discapacitados ou calquera outra situación familiar que poida desembocar nunha situación de risco ou dificultade social.
  • Reforzar e estimular as capacidades e potencialidades personales de cada membro da familia, có obxectivo de iniciar un proceso de mellora persoal que permita conseguir unha mellora  global familiar.
  • Involucrar progresivamente ós pais para que asuman as funcións e responsabilidades que teñen con respecto ós menores.
  • Facilitar ós pais a adquisición de habilidades de atención, cuidado e educación necesarios para o adecuado crecemento dos fillos (pautas de alimentación, hixiene, educativas, habilidades sociais, ...) así como a capacidade de autoorganización do núcleo familiar.
  • Coordina-las actuacións con tódolos profesionais e institucións que interveñen nalgún aspecto da vida familiar ( escola, centro de saúde, etc.)
  • Posibilita-la atención a mulleres en situacións de especial necesidade.
  • Ofertar recursos terapéuticos e asistenciais a mulleres víctimas de violencia doméstica.
CQpro.com