Concello - Concellerías - Asuntos Sociais
 










Concellería de Benestar social e Sanidade

Ana María Maroño Seco
Enderezo.: Avd. do Peirao, s/n
Telf.: 981 433 288 , Fax.: 981 433 288
E-mail.:
Servizossociaispontedeume@yahoo.es


Axuda a Domicilio

Normativa:

* Lei 4/1993, do 14 de abril de Servicios Sociais de Galicia,que describe o ordenamento dun  sistema público de servicios sociais na Comunidade Autónoma de Galicia.
* Decreto 240/1995, do 28 de xullo, polo que se regulan os servicios sociais de atención primaria.
* Orde do 22 de xullo de 1996, que desenvolve o programa de axuda no fogar. Indicar que esta orde quedará derogada no momento no que entre en vigor a nova orde que regulará o servicio de axuda no fogar.
*  Lei 39/2006 de 14 de decembro de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de Dependencia.

Obxecto:

O Servizo de Axuda a Domicilio está dirixido a toda a poboación, pero ten como prioridade aqueles/as cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico, prestándolles unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, doméstico, psicosocial e educativo, preventivo e técnico; e proporcionándolles a posibilidade de continuar no seu entorno natural, mentres esto sexa posible e convinte.

A Axuda a Domicilio ten a consideración de prestación básica de servizos sociais de atención primaria e ten un carácter complementario e transitorio, non eximindo á familia das súas responsabilidades.

O Servizo de Axuda a Domicilio debe ofrecer @s usuarios unha atención integral e polivalente, que abarque diferentes necesidades do individuo, apoiando e estimulando os aspectos da relación humana, a autoestima e a mellora das condicións de vida. Todalas intervencións que se fagan neste ámbito terán un carácter preventivo, educativo e rehabilitador.

Obxectivos:
  • Incrementar a autonomía das persoas con deficiencia nese aspecto para que poidan permanecer vivindo no seu domicilio o maior tempo posible.
  • Conseguir cambios de conductas nas persoas que son atendidas para mellorar a súa calidade de vida.
  • Facilitarlles a realización das tarefas e actividades que non poidan realizar por si soas, sen intervir na súa capacidade de decisión.
  • Fomentar o desarrollo de hábitos saudables (alimentación, hixiene, …)
  • Potenciar o desarrollo de actividades de ocio e tempo libre na propia casa e no entorno comunitario, dentro das posibilidades reales da persoa. Aumentar a súa seguridade.
  • Potenciar as relacións sociais estimulando a comunicación có exterior e paliar así posibles problemas de aillamento social.
  • Disminuir o problema de soedade que sofren moitos maiores, fomentando o mantemento das relacións familiares e comunitarias.

Prestacións:

Atencións de carácter persoal, que engloba todas aquelas actividades que se dirixen o usuario do servicio cando este non poida realizalas por si mesmo ou cando precise axuda: aseo e coidado persoal, axuda para comer, axuda para vestirse, supervisión da medicación,apoio á mobilización e transferencias, etc..

Atencións domésticas, entendendo como tales aquelas actividades e tarefas que se realizan de forma cotiá no fogar relacionadas coa alimentación, roupa, limpeza e mantemento da vivenda.

Atencións psicosociais e educativas, consistentes no apoio ó desenvolvemento das capacidades persoais, a afectividade, a integración na comunidade, así como apoio á estruturación familiar.

Atencións de carácter preventivo, encamiñadas a evitar un empeoramento da situación de saúde, sempre que sexa posible, coa instauración de hábitos saudables e adquisición de habilidades básicas e a evitar situacións de risco, como accidentes domésticos.

Atencións de carácter técnico e complementario, refírense ás xestións ou actuacións que podan ser necesarias, ben para o funcionamento do servizo, ben para que continúe en condicións axeitadas, ou para permitir, co apoio de novas tecnoloxías, unha atención inmediata en situacións de crise ou emerxencia, tales como a teleasistencia e outras actuacións encamiñadas á adecuación funcional do fogar.

Destinatarios

  • Persoas que teñan recoñecida,  e valorada con grado e nivel, a súa situación de dependencia e se lles prescribira esta prestación como modalidade de intervención axeitada ás súas necesidades na correspondente resolución aprobatoria do Programa Individual de Atención, de acordo có establecido na Lei 39/2006, de 14 de decembro de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, no Decreto 168/2007, de 12 de xuño, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia.
  • Familias ou persoas que presentan disfuncións que poidan ser susceptibles de mellora cunha adecuada atención a domicilio.
  • Persoas maiores, con diferentes niveis de dependencia, que non teñan a ninguén que os atenda suficientemente e que, con esta axuda, poidan continuar vivindo no seu fogar.
  • Persoas con discapacidades ás que a axuda no fogar poida favorece-la súa autonomía.
  • Menores ós que haxa que atender por ausencia dos pais ou titores ou cando estes, por motivos suficientemente xustificados, non poidan exercer as súas funcións.
  • Colectivos específicos que presenten situacións de risco e exclusión social.
  • En xeral, cando exista unha situación de desatención social ou familiar, avaliada técnicamente, que xustifique a intervención do servizo.
Prestacións complementarias ó Servicio de Axuda a Domicilio

Teleasistencia domiciliaria

É un servicio de atención e apoio persoal e social que detecta determinadas situacións de emerxencia do usuario, garantizando a comunicación permanente có exterior. O servicio se articula mediante a liña telefónica e con un equipamento de comunicacións especiais, permitindo que os usuarios, ante situacións de emerxencia, e a través dun disposiivo de fácil utilización, poidan entrar en contacto verbal coa central, que funciona durante tódolos días do ano e durante as 24 horas do día, e atendida por persoal específicamente preparado para dar resposta á emerxencia presentada.

Dito sistema cumpre, entre outros, os seguintes obxectivos

  • A conexión permanente entre o usuario e a central do sistema.
  • A intervención inmediata en crisis persoais, sociais ou médicas.
  • O apoio inmediato a través da liña telefónica.
  • A movilización dos recursos necesarios que existan na zona.
  • Servir de enlace entre o usuario e o entorno familiar.
  • A actuación no propio domicilio.

Servicio de Comidas a Domicilio

Como Comida a Domicilio se consideran todas aquelas tarefas concretas orientadas a levar os beneficiarios a comida do mediodía en condicións de hixiene, procurando un menú equilibrado e tendo en conta a súa situación específica e individualizada. Con estas accións o que se pretende é apoialos, favorecendo a permanencia no seu domicilio e no seu medio habitual de vida

Como obxectivos deste servicio contemplamos:

  • Conseguir que tódolos beneficiarios deste proxecto teñan unha alimentación sana, equilibrada e acorde coa súa idade e necesidades nutricionais individuais.
  • Favorece-la prevención de situacións individuais ou familiares de dependencia nos casos nos que xa existen unhas necesidades de atención por diferentes problemáticas.
  • Favorece-la prevención de posibles trastornos de saúde derivados da alimentación insuficiente ou de unha dieta pouco equilibrada.
  • Favorece-la prevención de accidentes domésticos derivados da preparación da comida.
  • Evitar internamentos innecesarios, previndo situacións de deterioro irreversible e retardando as incapacidades.
  • Fomenta-lo desarrollo de hábitos alimenticios saudables.
  • Coordinar coas institucións sanitarias as posibles actuacións a seguir ante diversas problemáticas alimenticias.
CQpro.com